Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
Recursos

Novas

  • A EGAP acolle o VIII Congreso internacional de psicoloxía xurídica e forense

    A Escola / Xoves, 23 de Outubro de 2014.

    A directora da Escola Galega de Administración Pública, Sonia Rodríguez-Campos, participou esta mañá na inauguración do VIII Congreso internacional de psicoloxía xurídica e forense, ao que tamén asistiron o director xeral de Xustiza, Juan José Martín; o reitor da USC, Juan Manuel Viaño; o presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Miguel Ángel Cadenas; a decana do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, Mª Rosa Álvarez; o presidente da Sociedade Española de Psicoloxía Xurídica e Forense, Ramón Arce; e a concelleira de Servizos Sociais de Santiago de Compostela, Mª José Corral.
  • A EGAP convoca dous cursos para o persoal da Administración local de Galicia

    Cursos / Martes, 21 de Outubro de 2014.

    En virtude do convenio de colaboración asinado o 3 de xaneiro de 2014 entre a Escola Galega de Administración Pública e a Deputación Provincial de Ourense convócanse, no DOG do 21 de outubro, dous cursos para persoal da Administración local de Galicia.
  • Xornada sobre Intimidade, imaxe e medios de comunicación públicos

    A Escola / Mércores, 15 de Outubro de 2014.

    A Escola Galega de Administración Pública convoca unha xornada na que se abordarán, entre outras cuestións, o dereito á información e os seus límites, o emprego de datos, imaxes ou comentarios extraídos da rede con fins informativos ou de investigación xornalística, os xuízos paralelos e os límites da publicidade procesual, o tratamento informativo en relación coas vítimas e o populismo mediático.
  • Curso sobre prevención de riscos laborais: primeiros auxilios, loita contra incendios e evacuación

    A Escola / Venres, 10 de Outubro de 2014.

    A través do convenio de colaboración asinado entre a Escola Galega de Administración Pública e Mugatra Sociedade de Prevención S.L.U. convócase o curso sobre prevención de riscos laborais: primeiros auxilios, loita contra incendios e evacuación.
  • Curso sobre a reforma da contabilidade das entidades locais

    A Escola / Mércores, 8 de Outubro de 2014.

    De acordo co convenio de colaboración entre a Escola Galega de Administración Pública e a Deputación Provincial da Coruña para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación, convócase o Curso sobre a reforma da contabilidade das entidades locais.
  •   AnteriorSeguinte 
    Pax 198 de 257
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212