Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
Recursos

Novas

  • A EGAP prepárase para celebrar o Día das Letras Galegas

    A Escola / Luns, 11 de Maio de 2015.

    A Real Academia Galega dedícalle o Día das Letras Galegas de 2015 ao polígrafo pontevedrés Xosé Filgueira Valverde (1906-1996). A EGAP, como institución pública galega, súmase á homenaxe deste galego insigne organizando un acto literario e unha viaxe de interese cultural.
  • A EGAP e o CIXTEC organizan un curso sobre Data SharePoint 2010

    Cursos / Venres, 8 de Maio de 2015.

    En virtude do convenio de colaboración asinado entre o Centro Informático de Xestión Tributaria, Económico-financeira e Contable (CIXTEC) e a Escola Galega de Administración Pública ponse en marcha un curso sobre Data SharePoint 2010 – Arquitectura, implementación e explotación da intranet da Consellería de Facenda.
  • A EGAP e o ISSGA convocan un curso de manipulación de pacientes con mobilidade reducida

    Cursos / Venres, 8 de Maio de 2015.

    Grazas ao convenio de colaboración asinado entre a Escola Galega de Administración Pública (EGAP) e o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA) organízase un curso de manipulación de pacientes con mobilidade reducida.
  • Os expertos reivindican a importancia da formación para consolidar a reforma administrativa

    Xornadas / Mércores, 6 de Maio de 2015.

    A Escola Galega de Administración Pública acolleu esta mañá unha xornada sobre As futuras leis de procedemento administrativo e de réxime xurídico do sector público á que asistiron máis de 250 participantes. Nela tres recoñecidos expertos do Dereito administrativo analizaron o futuro do ordenamento xurídico da Administración a través das dúas futuras normas nucleares que regularán o sector: o Anteproxecto de lei do procedemento administrativo común das administracións públicas e o Anteproxecto de lei de réxime xurídico do sector público.
  • Curso monográfico: A Administración pública como garante da competencia e dos intereses dos consumidores

    Cursos / Martes, 28 de Abril de 2015.

    A Escola Galega de Administración Pública convoca un curso monográfico que ten como obxectivo analizar, dende unha perspectiva teórica e práctica, como a Administración pública pode e debe contribuír a promover a libre competencia nos mercados, a defensa dos consumidores ante prácticas de competencia desleal e a resolución de conflitos de consumo a través de mecanismos de arbitraxe.
  •   AnteriorSeguinte 
    Pax 196 de 267
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212