Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
Recursos

Novas

  • Xornada “A xustiza que vén”

    A Escola / Luns, 22 de Setembro de 2014.

    A Escola Galega de Administración Pública convoca unha xornada titulada “A xustiza que vén” para dar a coñecer, pola natureza dos relatores, as liñas mestras do deseño da xustiza nos próximos anos, tanto na súa organización territorial como funcional, poñendo de manifesto as novidades que presenta a nova lexislación orgánica do poder xudicial e a súa incidencia na actividade de todos os profesionais implicados na xustiza.
  • A EGAP e o ISSGA organizan un curso de prevención de riscos psicosociais

    A Escola / Luns, 22 de Setembro de 2014.

    A través do convenio de colaboración asinado entre a Escola Galega de Administración Pública e o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral convócase un curso sobre Prevención de riscos psicosociais. Identificación e avaliación.
  • A EGAP convértese nun foro de debate sobre as novas directivas de contratación pública aprobadas pola UE para loitar contra a corrupción

    Xornadas / Xoves, 18 de Setembro de 2014.

    Durante dous días máis de 300 persoas participan en Santiago de Compostela nunha das primeiras actividades formativas en todo o Estado destinada a analizar as novas Directivas de contratación pública. O seu obxectivo é ofrecer unha aproximación inicial a esta nova realidade xurídica, que provocará a reforma da lexislación española, da man de especialistas de alto nivel. Nela trataranse temas como o proceso de mellora permanente na contratación pública, os desafíos das comunidades autónomas ante a nova lexislación ou as similitudes e diferenzas respecto do marco vixente en España.
  • O CPEIG e a EGAP poñen en marcha tres cursos para o persoal informático

    A Escola / Martes, 16 de Setembro de 2014.

    A través do convenio de colaboración asinado entre a Escola Galega de Administración Pública, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e o Colexio Profesional de Enxeñaría Informática de Galicia convócanse os cursos de Introdución a ITIL, Introdución á Administración electrónica e Seguridade da información e protección de datos de carácter persoal.
  • Abre o prazo de matrícula para os exames do programa de autoformación

    Cursos / Luns, 15 de Setembro de 2014.

    Coa finalidade de que os alumnos poidan acreditar os coñecementos das materias pertencentes ao programa de autoformación, a EGAP abre o prazo de matrícula para as probas presenciais.
  •   AnteriorSeguinte 
    Pax 194 de 251
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212