Escola Galega de Administración Pública
Xunta de Galicia - Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN EGAP ABERTA EGAP HOXE EGAP A MÁIS

AVISO E RECOMENDACIÓN: O seu navegador web (Internet Explorer 6) está obsoleto o cal pode provocar que certos elementos se mostren descolocados ou non se carguen correctamente. Ademáis, tampouco poderá ver ben, populares webs como Youtube ou Facebook, entre outras moitas. Recomendámoslle actualizar o seu navegador nos enlaces seguintes:

Internet Explorer Mozilla Firefox Google Chrome Apple Safari Opera
PU10009 - Curso de Marcas

Revisar os aspectos principais do réxime xurídico da Lei 17/2001, de 7 de dicienbre, de Marcas e a normativa de desemvolvemento

DESCARGAR DOCUMENTOS
Datos Técnicos do curso
Grupo: Servizo EIP EGAP
Area: Económico-orzamentaria
Calificacion: Aproveitamento
Plan: Fondos EGAP
Administracion: AU|LO|UN|XU
Horas: 32
Estado: Producción
Mod.imparticion: Presencial
Tipoloxia: Superior
Data inicio matricula: N/D
Data Fin matricula: N/D
Responsable: PORTELA SILVA, MARIA LUCIA - lucia.portela.silvaarrobaxunta.es
1 Edicións
SANTIAGO
Localidade
SANTIAGO DE COMPOSTELA
Inicio
19/04/2010
Fin
11/05/2010
Data exame
N/D
Prazas
50
Programa
Inauguración do Curso de Marcas.
Luns, 19 de abril de 2010.

  •  
    •   Imaxes
    •   Video
    •   Audio

A marca como activo estratéxico clave para a competitividade empresarial
Luns, 19 de abril de 2010.

Explícase a importancia das marcas no éxito empresarial co exemplo do sector téxtil. Pártese dunha definición do concepto de marca analizando as repercusións na sociedade e no proceso de internacionalización das empresas, prestando especial atención á situación de España e de Galicia. Defínese o concepto de marca país como un conxunto de activos e pasivos vinculados á imaxe dun determinado territorio que incrementan ou diminúen o valor dos servizos e produtos ofrecidos polas empresas dese país. Ademais explícase a influencia das institucións públicas sobre este factor. Abórdase o tema da internacionalización como unha das materias pendentes no noso país e proponse a creación de marca como unha das posibles solucións. Finalmente ofrécese unha completa explicación da internacionalización do sector téxtil galego centrándose tanto na estratexia de comunicación como na xestión xurídica da marca.

  •  
    •   Video
    •   Audio

A elección e protección das marcas en España
Luns, 19 de abril de 2010.

  •  
    •   Docs

Concepto e clases de marcas
Sábado, 19 de marzo de 2011.

A marca é un dereito exclusivo que permite ás empresas impedir que outros usen unha simboloxía igual ou similar. Móstrase a dimensión comunicativa das marcas, reflexionando sobre o seu papel na sociedade. Defínese o concepto de marca e reflexiónase sobre a necesidade dunha protección por parte da lei. Tamén se fai referencia á denominación semántica dos medicamentos xenéricos abrindo un debate sobre se se pode considerar que teñen asociados uns determinados valores por pertencer a diferentes laboratorios. Por último, alúdese ao concepto de marca branca, que fai cuestionar o valor que ten o concepto de marca.

  •  
    •   Imaxes
    •   Video
    •   Audio

A marca comunitaria
Martes, 20 de abril de 2010.

Resumo da historia e das características da marca comunitaria, explicando como se creou esta lexislación e o papel de España no proceso. A marca comunitaria nace como unha necesidade de harmonizar a lexislación dos membros da Unión Europea e baséase nos principios de unidade, autonomía e interacción internacional. Tamén se fai referencia ás características xerais da normativa comunitaria e preséntanse os principais inconvenientes e vantaxes da marca comunitaria.

  •  
    •   Video
    •   Audio

As marcas internacionais
Martes, 20 de abril de 2010.

A marca internacional é unha marca común que se distingue pola súa normativa, xa que ademais de aplicárselle as normas comúns e as leis específicas nacionais réxese por normas de carácter supranacional.Nace coa finalidade de protexer as marcas e que todos os países poidan compartir un marco normativo común mínimo. Tamén se fai un repaso á historia da creación da normativa internacional e da súa adhesión por parte dos diferentes países, e aos requisitos e procedementos para rexistrar unha marca, incluíndo o proceso de denegación da mesma.

  •  
    •   Video
    •   Audio

As marcas-envase
Luns, 26 de abril de 2010.

Repaso da lexislación referente ás marcas tridimensionais, que son aquelas nas que o consumidor pode diferenciar os produtos a través da forma dos envases. Mediante numerosos exemplos explícanse os tipos de marcas tridimensionais, que se poden dividir segundo a forma do propio produto, a forma do envase, a forma do envoltorio, a forma do edificio e as marcas complexas. Finalmente ofrécese unha comparativa da lexislación francesa de 1857 coas leis actuais, mostrando a relación das actuacións francesas do século XIX co presente.

  •  
    •   Video
    •   Audio

As marcas xeográficas
Luns, 26 de abril de 2010.

Presentación das características da marca xeográfica, facendo especial fincapé nos seus posibles problemas legais, e especialmente no caso das marcas enganosas, un dos principais conflitos. Remárcanse as propiedades das marcas xeográficas, que non só serven para describir o produto senón que lle engaden unha serie de características. Tamén se alude de maneira extensa aos conflitos xerados en torno ás denominacións de orixe protexidas para evitar que outros produtos se aproveiten da reputación allea.

  •  
    •   Video
    •   Audio

O risco de confusión nas marcas
Martes, 27 de abril de 2010.

Explicación a través de exemplos de sentenzas do risco de confusión entre diferentes marcas. Faise unha relación dos criterios que se aplican para decidir se dúas denominacións son similares ou confundibles (forma do envase, canles de venta, etc.).

  •  
    •   Video
    •   Audio

As marcas notorias e renomeadas
Martes, 27 de abril de 2010.
Valoración do papel das marcas notorias e renomeadas, que se consideran especiais polo seu coñecemento na sociedade e que gozan dunha protección particular. As marcas notorias gozan dunha protección especial xa que existe a posibilidade de que outra empresa use un signo similar ao da marca orixinal para apropiarse dunha parte das características e da reputación da marca notoria. Por outra banda, as marcas renomeadas son aquelas que posúen unha forza distintiva única, unha singularidade competitiva, unha firme posición no mercado e unha estendida vixencia.
  •  
    •   Video
    •   Audio
    •   Present

As facultades da Xunta de Galicia en materia de rexistro de marcas: o SEGAPI
Martes, 11 de maio de 2010.

Explicación de maneira completa e extensa do procedemento de presentación de solicitudes de rexistro ante o SEGAPI. Faise alusión ás facultades executivas que poden asumir as comunidades autónomas en materia industrial, ao papel da oficina española de Patentes e Marcas e ás funcións do SEGAPI. Repásase o procedemento de presentación de solicitudes de marca: onde debe depositarse, quen pode facelo, como cubrir o formulario, requisitos, o proceso de revisión para evitar problemas de confusión, etc. Especifícase de maneira pormenorizada como cubrir o formulario de solicitude explicando todas as posibilidades.

  •  
    •   Video
    •   Audio

O uso obrigatorio da marca
Luns, 3 de maio de 2010.

Os titulares están obrigados a empregar as marcas que rexistran e este uso ten que comezar nos cinco anos posteriores ao rexistro, dando lugar a unha sanción se se incumpre esta condición. Este requisito ten como finalidade eliminar do rexistro aquelas marcas que non están sendo usadas, o cal é importante para evitar a saturación existente nalgúns sectores e facilitar novos rexistros. O uso da marca demóstrase mediante a venta de produtos ou a prestación de servizos. Tamén é posible xustificar a falta de uso para evitar a eliminación da marca do rexistro. Neste caso téñense en conta as circunstancias que xurdan independentemente da vontade do titular.

  •  
    •   Video
    •   Audio

As accións para defender as marcas
Luns, 3 de maio de 2010.

Repaso ao sistema de protección de marcas e á súa relación co artigo 40 da lei de marcas, facendo referencia ao dereito do titular dunha marca a exercitar as accións civís e penais que lle correspondan no caso de que se produza unha infracción. Relaciónase a lei de marcas do ano 88 coa vixente, do ano 2001, e alúdese ás posibles accións civís e penais que se poden exercitar no caso de existir unha infracción. Tamén se comentan as accións civís que o titular rexistral está lexitimado a efectuar. Ademais, trátase de maneira extensa un tema tan controvertido como son as marcas de cobertura.

  •  
    •   Video
    •   Audio

A defensa asociativa da marca: ANDEMA
Luns, 3 de maio de 2010.

Breve resumo da historia do nacemento de ANDEMA, unha asociación empresarial de titulares de marcas que se crea co obxectivo de conseguir unha nova cultura de marcas e así protexer os dereitos de propiedade. Explícanse os dereitos de propiedade industrial e as súas funcións á hora de regular o mercado. Tamén fai fincapé na creación de empresas e no valor dos emprendedores en época de crise para crear riqueza, dando ideas de como elaborar un proxecto empresarial. Ofrece unha definición do concepto de patente, as súas características e os elementos a ter en conta á hora de escoller unha marca.

  •  
    •   Video
    •   Audio

O procedemento xudicial sobre marcas
Martes, 4 de maio de 2010.

Descrición do procedemento xudicial que se leva a cabo nos delitos relacionados coas marcas. Coméntase a directiva 48/2004, que parte da existencia dun nivel desigual da propiedade intelectual e desiguais mecanismos de protección nos estados membros, poñendo o caso de España como exemplo. Tamén se analiza o artigo 56 da lei de axuizamento civil que permite a obtención de datos sobre a orixe e as redes de obtención das mercadorías. A parte final do relatorio analiza as medidas cautelares e anticipatorias, é dicir, aquelas que permiten poñer fin á actividade delituosa desde un principio.

  •  
    •   Video
    •   Audio
    •   Present

A marca de garantía GALICIA CALIDADE
Martes, 4 de maio de 2010.

A marca de garantía Galicia Calidade é unha sociedade anónima que nace en 1991, converténdose na primeira marca de garantía concedida en España. Créase a partir dunha campaña institucional da Xunta de Galicia coa finalidade de ofrecer un selo de calidade. Cando unha entidade quere usar a marca de Galicia Calidade pídeselle que cumpra un prego de condicións que garantan tanto a súa calidade como a súa procedencia. O relator explica os pasos a seguir para poder unirse á marca de garantía e a documentación básica que se precisa para facer a petición. Finalmente faise referencia ás actividades de promoción que leva a cabo a sociedade e dos estudos de opinión e de mercado realizados.

  •  
    •   Video
    •   Audio

O nome comercial
Martes, 4 de maio de 2010.

Segundo o artigo número 1 da lei de marcas do ano 2001 tanto as marcas como os nomes comerciais son signos distintivos das empresas, aínda que existen diferencias entre estas dúas denominacións. Relátanse as medidas que propón a lei para defender os nomes comerciais que, ao igual que as marcas, se protexen mediante o rexistro. Tamén se fai referencia ás peculiaridades das denominacións sociais e aos problemas que formulan con respecto dos nomes comerciais.

  •  
    •   Video
    •   Audio

As marcas e os nomes de dominio
Luns, 10 de maio de 2010.

Explicación de maneira pormenorizada das características dos nomes de dominio e da súa relación cos nomes de marca. Faise referencia á regulación xurídica dos nomes de dominio .eu e .es, definindo as normativas de aplicación para efectuar os rexistros en cada caso. Tamén se repasan os principais conflitos que se poden presentar entre os nomes de dominio e as marcas: casos de marcas con igual nome en diferentes sectores ou países e rexistro de nomes de dominio sen poder alegar un dereito de marca sobre ese nome. Para protexerse de posibles actuacións fraudulentas os titulares contan con dúas vías: a xudicial e a administrativa, realizada pola ICANN.

  •  
    •   Video
    •   Audio

O axente da propiedade industrial e as marcas
Luns, 10 de maio de 2010.

Visión xeral da figura do axente da propiedade industrial, das súas funcións e do seu ámbito de actuación. Explícanse as súas funcións e faise un repaso da presenza dos axentes da propiedade industrial en España (número, lugar de traballo, formación...), realizando unha comparación con outros países europeos e explicando os requisitos para acceder á profesión.

  •  
    •   Video
    •   Audio

A marca turística Galicia
Luns, 19 de abril de 2010.

Presentación do proceso de creación da nova marca turística de Galicia na que está a traballar a secretaría xeral de Turismo no marco do novo plan de Turismo 2010-2013. Este proceso comeza co diagnóstico da marca Galicia e continúa cun estudo de mercado que serve para atopar os modos de vender Galicia como un destino diferenciado e con moitos recursos, descubrindo así os elementos únicos do destino. O seguinte paso é o establecemento dos tres piares do novo turismo: multidestino, singularidade de recursos endóxenos e exclusivos de Galicia e o novo perfil de turista. Finalmente explícanse as medidas tomadas desde a Secretaría Xeral para potenciar o turismo.

  •  
    •   Video
    •   Audio

Clausura
Martes, 11 de maio de 2010.

Pablo Figueroa Dorrego, director da Escola Galega de Administración Pública (EGAP). Carlos Lema Devesa, catedrático de Dereito Mercantil. Avogado do Estudio Xurídico Lema.

© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Turismo de Galicia