Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Curso superior de técnico de urbanismo 2022-2023

    Cursos / Venres, 17 de Decembro de 2021.

    A Escola Galega de Administración Pública (EGAP), en colaboración co Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG), convoca unha nova edición do curso superior de técnico de urbanismo.


    O curso ten como finalidade que o alumnado adquira os coñecementos teórico-prácticos e habilidades que lle capaciten para actuar no mundo da ordenación do territorio e do urbanismo e responsabilizarse dos procesos de xestión do solo. Para ese efecto partirase da análise e do estudo pormenorizado da normativa de ordenación do territorio e urbanística, con especial atención á autonómica galega, combinando o estudo dos fundamentos teóricos cunha completa formación práctica que se fai imprescindible neste ámbito.

    Persoas destinatarias: o curso está dirixido a aqueles/as profesionais que se encadren nalgunha das situacións seguintes:
    • Persoal empregado público das administracións públicas galegas: persoal funcionario (subgrupos A1 y A2) e persoal laboral (grupos I e II).
    • Arquitecto/a colexiado no Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG).
    • Persoal contratado polas administracións públicas cun contrato de servizos ou equivalente, así como profesionais que estean en posesión da titulación de doutoramento, licenciatura, diplomatura, grao, arquitectura, enseñería, arquitectura técnica ou enseñería técnica.
    Lugar: Escola Galega de Administración Pública, Rúa Madrid 2-4, Santiago de Compostela.
    Datas: entre o luns 10 de xaneiro e o xoves 15 de decembro de 2022.
    Duración: terá unha duración de 296 horas (264 horas troncais+32 optativas), que se distribuirán a razón de oito horas por semana. A duración do traballo individual cífrase en 54 horas, polo que no certificado final se consignarán 350 horas lectivas.
    A información do curso relativa ao desenvolvemento, programación e contidos estará dispoñible na páxina web do COAG: http://portal.coag.es.
    Prazas: 40.
    Matrícula: desde as 8 horas do 17 de decembro ata as 23.55 horas do 23 de decembro de 2021 na zona de matrícula da EGAP.
  • Recursos
  •   Matrícula  
  •   Resolución do DOG  
  •   Ficha do curso  
  •   Información do curso na web do COAG  
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 986 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212