Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
Recursos

Novas

  • A directora da EGAP presenta no Consello Reitor as actividades levadas a cabo no que vai de ano

    A Escola / Xoves, 8 de Setembro de 2016.

    Esta tarde reuniuse en Santiago de Compostela o Consello Reitor da Escola Galega de Administración Pública, onde a directora do centro, Sonia Rodríguez-Campos, presentou un informe sobre as actividades levadas a cabo por este organismo entre os meses de xaneiro e xullo e informou sobre as que se celebrarán ata o final do ano.
  • Novo prazo de matrícula para cinco actividades

    A Escola / Mércores, 31 de Agosto de 2016.

    Co fin de cubrir as prazas vacantes, a Escola Galega de Administración Pública abre un novo prazo de matrícula para solicitar cinco cursos destinados ao persoal da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia, convocados no DOG do 8 de xullo.
  • Curso sobre a reforma do procedemento administrativo común e do réxime xurídico para o persoal do Consello de Contas de Galicia

    A Escola / Xoves, 25 de Agosto de 2016.

    De acordo co convenio de colaboración asinado entre a Escola Galega de Administración Pública e o Consello de Contas de Galicia convócase o curso A reforma do procedemento administrativo común das administracións públicas e do réxime xurídico do sector público e a súa incidencia no funcionamento das institucións de control externo, dirixido ao persoal do Consello de Contas de Galicia.
  • Xornada Reforma da Constitución, reforma territorial: puntos de encontro

    A Escola / Xoves, 25 de Agosto de 2016.

    A Escola Galega de Administración Pública organiza unha xornada titulada Reforma da Constitución, reforma territorial: puntos de encontro, que ten como obxectivo abrir unha reflexión sobre a eventualidade de que chegue a producirse en España un proceso de reforma constitucional e sobre a importancia que tal reforma podería ter, se é o caso, para a posta ao día do sistema autonómico.
  • A EGAP convoca o III Foro de emprego público

    A Escola / Xoves, 25 de Agosto de 2016.

    A Escola Galega de Administración Pública organiza o III Foro de emprego público sobre temas de actualidade: tendencias e perspectivas postcrise, desenvolvemento autonómico, a negociación colectiva, o directivo público profesional e instrumentos de mellora na xestión de e para as persoas, co obxectivo de analizar diversas cuestións de actualidade, facendo fincapé naquelas temáticas que, pola súa complexidade ou ambigüidade na súa interpretación, merecen ser obxecto de debate e reflexión no marco deste foro.
  •   AnteriorSeguinte 
    Pax 56 de 96
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212