Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
Recursos

Novas

  • Novo prazo de matrícula para o curso Nocións básicas de contabilidade pública

    A Escola / Luns, 19 de Maio de 2014.

    A EGAP abre un novo prazo de matrícula para as edicións de Vigo e Ourense do curso Nocións básicas de contabilidade pública que terá lugar durante o mes de xuño en ambas as dúas localidades.
  • A EGAP adiántase ao Día das Letras Galegas cun acto literario

    A Escola / Xoves, 15 de Maio de 2014.

    A Escola Galega de Administración Pública comezou as celebracións relativas ao Día das Letras Galegas este xoves cunha conferencia dedicada ao poeta lucense Xosé María Díaz Castro, que foi pronunciada polo profesor, ensaísta e crítico literario Armando Requeixo.
  • Novo curso de expropiación forzosa e valoracións

    A Escola / Mércores, 14 de Maio de 2014.

    A Escola Galega de Administración Pública, en colaboración co Xurado de Expropiación de Galicia, a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e a Dirección Xeral de Administración Local, organiza un curso sobre expropiación forzosa e valoracións: procedemento expropiatorio, métodos de valoración e a súa aplicación polo Xurado de Expropiación de Galicia para a determinación do prezo xusto.
  • Curso de Sistema Operativo, busca da información: Internet/intranet e correo electrónico

    A Escola / Luns, 12 de Maio de 2014.

    A través da sinatura dun convenio de colaboración, a Escola Galega de Administración Pública e o Concello da Coruña poñen en marcha un curso de Sistema Operativo, busca da información: Internet/intranet e correo electrónico destinado en exclusiva aos auxiliares administrativos e auxiliares de atención Cidadá do Concello da Coruña.
  • A EGAP súmase á celebración do Día das Letras Galegas

    A Escola / Venres, 9 de Maio de 2014.

    A Escola Galega de Administración Pública súmase aos actos de homenaxe ao poeta e tradutor lucense Xosé Mª Díaz Castro coa celebración dun acto literario e cunha viaxe de interese cultural polos escenarios onde transcorreu boa parte da vida do autor agasallado.
  •   AnteriorSeguinte 
    Pax 54 de 82
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212