Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
Recursos

Novas

  • A Escola celebra unhas xornadas sobre mediación

    A Escola / Venres, 29 de Novembro de 2013.

    A Escola Galega de Administración Pública acolleu esta mañá unha xornada sobre a mediación como vía para resolver conflitos, organizada pola Unión Profesional de Galicia. Á inauguración desta actividade asistiron Sonia Rodríguez-Campos, directora da EGAP; Juan José Martín, director xeral de Xustiza; e José Mª Arrojo, presidente de Unión Profesional de Galicia.
  • III Curso formativo de ferramentas de compra pública responsable

    A Escola / Luns, 18 de Novembro de 2013.

    A Asociación Galega AMARANTE Setem organiza, en colaboración Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE da Xunta de Galicia, o III Curso formativo de ferramentas de Compra Pública Responsable que terá lugar durante os días 27 e 28 de novembro de 2013 na Escola Galega de Administración Pública, en Santiago de Compostela.
  • Curso técnico sobre construción e explotación de vertedoiros

    A Escola / Venres, 15 de Novembro de 2013.

    A Escola Galega de Administración Pública, en colaboración co Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos de Galicia, e segundo o convenio asinado entre ambos os dous organismos, convoca o Curso técnico sobre construción e explotación de vertedoiros. Orde do 20 de xullo de 2009 pola que se regula a construción e a xestión dos vertedoiros na Comunidade Autónoma de Galicia.
  • A directora da EGAP inaugura unha xornada sobre xestión de proxectos financiados con fondos europeos

    A Escola / Venres, 15 de Novembro de 2013.

    A directora da EGAP, Sonia Rodríguez-Campos; o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda; e o director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, inauguraron esta mañá unha xornada sobre o novo período de financiamento comunitario.
  • A EGAP acollerá unha xornada técnica sobre mediación

    A Escola / Xoves, 14 de Novembro de 2013.

    O próximo 29 de novembro o salón de actos da Escola Galega de Administración Pública acollerá unha xornada técnica sobre a mediación como vía para resolver conflitos organizada pola Unión Profesional de Galicia. Esta actividade ten como obxectivo formar aos profesionais interesados neste eido nas reformas que o goberno central pretende levar a cabo para potenciar a vía da mediación a través dos colexios profesionais.
  •   AnteriorSeguinte 
    Pax 64 de 82
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212