O prazo de matrícula de dúas edicións de perfeccionamento de xefatura de sección e de catro de xefatura de negociado comezará o día 10 de febreiro ás 8 horas.
O DOG núm. 231, do 4 de decembro, publica a resolución pola que se convocan cursos de linguaxe xurídica galega para o persoal ao servizo da Administración de xustiza que presten os seus servizos fóra da Comunidade Autónoma de Galicia.
Responsables do Instituto Nacional de Administración Pública, da Escola Galega de Administración Pública e das catro deputacións provinciais reuníronse hoxe en Santiago de Compostela para establecer un marco de colaboración e coordinación en materia formativa.
A Xornada sobre Réxime xurídico do patrimonio e bens das corporacións locais, integrada no Ciclo de xornadas formativas para cargos electos da Administración local, prevista para o venres 23 de novembro, queda aprazada para o ano 2013.
O Consello da Xunta informou hoxe sobre a evolución do Plan de formación conxunto entre a Escola Galega de Administración Pública, a Fegamp e a Dirección Xeral de Administración Local destinado aos empregados da Administración Local.