A secretaria xeral de Igualdade participou hoxe na inauguración do XIV Foro Galego de Educación en Igualdade, xunto á directora da EGAP Sonia Rodríguez-Campos González.
A Escola Galega de Administración Pública, en colaboración coa Asociación Galega de Arte e Cultura (Agaec), pon en marcha un ano máis a Mostra colectiva das artes e das letras dos empregados da Administración autonómica galega, que no 2013 celebra a súa IX edición.
A Escola Galega de Administración Pública (EGAP) inicia unha nova modalidade formativa artellada mediante "Cursos monográficos", os cales servirán para reflexionar e debater acerca de aspectos nucleares da realidade social, política e económica actual.
Tendo en conta os resultados obtidos nas enquisas do ano 2012, a EGAP amosa unha tendencia positiva na satisfacción das súas actividades, pasando dunha valoración media do 4,28 no 2010 a un 4,34 no 2012 (nunha escala de 1 a 5).
Dentro do plan de actividades da Escola Galega de Administración Pública para o ano 2013 convócase o Curso monográfico sobre os retos e as perspectivas do emprego público nun contexto de crise. Esta actividade ten como finalidade analizar a incidencia das medidas estatais contra a crise na Función pública desde unha perspectiva non só económica, senón tamén estrutural.