Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
Recursos

Novas

  • A EGAP e o Ilustre Colexio de Avogados de Santiago de Compostela organizan dous cursos

    A Escola / Xoves, 6 de Xuño de 2013.

    A Escola Galega de Administración Pública e o Ilustre Colexio de Avogados de Santiago de Compostela, en virtude do convenio de colaboración asinado o 15 de xaneiro de 2013, poñen en marcha dúas actividades formativas: o Curso de especialización en mediación civil e mercantil para avogados e o Curso sobre xustiza de ricos e xustiza de pobres.
  • A EGAP organiza un seminario sobre reforma administrativa coa dirección do INAP

    A Escola / Mércores, 5 de Xuño de 2013.

    Manuel Arenilla, director do Instituto Nacional de Administracións Públicas, e Sonia Rodríguez-Campos, directora da Escola Galega de Administración Pública, convocaron no día de onte a un grupo de expertos en materia de administración pública para formular propostas de reforma, co obxecto de mellorar a eficiencia administrativa e garantir a sustentabilidade do Estado autonómico no presente contexto.
  • A Escola convoca un curso monográfico para debater sobre a situación actual do estado das autonomías

    A Escola / Martes, 4 de Xuño de 2013.

    A Escola Galega de Administración Pública pon en marcha un curso monográfico destinado a analizar a situación actual e as perspectivas do modelo territorial previsto na Constitución española, as reformas posibles para garantir a súa sustentabilidade nun contexto de crise e a coherencia destas coas previsións do devandito texto constitucional. Nesta liña, a dita actividade pretende ademais suscitar o oportuno debate acerca dos retos actuais e futuros do Estado das autonomías nun escenario no que a Unión Europea avanza no fortalecemento da súa gobernanza.
  • Nova convocatoria de actividades para o persoal ao servizo da Administración autonómica de Galicia

    A Escola / Xoves, 30 de Maio de 2013.

    A Escola Galega de Administración Pública, dentro do seu programa de actividades formativas, convoca 45 cursos recollidos no Plan de formación para o ano 2013, cun total de 1530 prazas.
  • A EGAP convoca 23 cursos para o persoal da Administración de xustiza

    A Escola / Mércores, 15 de Maio de 2013.

    A Escola Galega de Administración Pública convoca no Diario Oficial de Galicia do 15 de maio de 2013 as accións formativas destinadas ao persoal da Administración de Xustiza de Galicia. Este plan porá en marcha un total de 23 actividades que darán formación a máis de mil persoas.
  •   AnteriorSeguinte 
    Pax 78 de 90
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212