Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
Recursos

Novas

  • Xornada de formación práctica dixital (E-martes) sobre o uso de certificados dixitais na Xunta de Galicia

    Xornadas / Venres, 16 de Febreiro de 2024.

    A Escola Galega de Administración Pública convoca, en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e no marco da iniciativa Universo EGAP Innova, unha nova xornada de formación práctica dixital que terá lugar o próximo 5 de marzo. 
  • A Xunta destaca a importancia da regulación da intelixencia artificial

    Xornadas / Sábado, 27 de Xaneiro de 2024.

    A directora da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), Sonia Rodríguez-Campos, destacou hoxe a importancia da regulación da intelixencia artificial durante a clausura do XVIII Congreso da Asociación Española de Profesores de Derecho Administrativo (AEPDA), dedicado ao Dereito Administrativo na era da intelixencia artificial. 
  • Xornada de formación práctica dixital (E-martes) sobre notificacións electrónicas

    Xornadas / Venres, 26 de Xaneiro de 2024.

    A EGAP convoca, en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e no marco da iniciativa Universo EGAP Innova, unha nova xornada de formación práctica dixital sobre notificacións electrónicas que terá lugar o martes 6 de febreiro. 
  • A Lei 4/2023, do 6 de xullo, de ordenación e xestión integrada do litoral de Galicia

    Xornadas / Xoves, 18 de Xaneiro de 2024.

    O 6 de xullo de 2023 o Parlamento de Galicia aprobou a Lei 4/2023 de ordenación e xestión integrada do litoral de Galicia, contra a que o Goberno central presentou un recurso de inconstitucionalidade, admitido a trámite, perante o Tribunal Constitucional. Con esta premisa, esta xornada pretende realizar unha análise sobre a devandita lei e sobre a súa inserción no marco xurídico estatal e autonómico, prestando especial atención aos seus puntos claves, ás novidades introducidas pola propia norma, así como ao conflito competencial existente na actualidade.
  • A Constitución e o Dereito a debate na Escola

    Xornadas / Venres, 12 de Xaneiro de 2024.

    Esta mañá tivo lugar na Escola Galega de Administración Pública un foro de debate centrado no papel da Constitución e do Dereito no actual escenario social e político, no que participou a directora do organismo, Sonia Rodríguez-Campos.
  • AnteriorSeguinte 
    Pax 1 de 39
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212