Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
Recursos

Novas

  • Foro de debate: A Constitución e o Dereito no novo contexto sociopolítico

    Xornadas / Xoves, 4 de Xaneiro de 2024.

    A ciencia do Dereito recoñece que a Constitución cumpre tres funcións esenciais: dar lexitimidade a quen exerce o poder político, recoñecer e garantir os dereitos e as liberdades da cidadanía e constituírse como lei suprema no conxunto do ordenamento xurídico. Por iso, nun contexto de incerteza como o existente na actualidade, a nosa Carta Magna debe estar máis presente que nunca para os poderes públicos e para a cidadanía no seu conxunto. Así, este foro de debate profundará na Constitución española como eixo vertebrador dunha sociedade democrática e na importancia do seu respecto e o dos principios que a impregnan para a prosperidade de calquera nación e, en particular, a española. 
  • Xornada de formación práctica dixital (E-martes) sobre o Rexistro Electrónico na Xunta de Galicia

    Xornadas / Martes, 12 de Decembro de 2023.

    En colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e no marco da iniciativa Universo EGAP Innova, a EGAP convoca unha nova xornada de formación práctica dixital (E-martes) sobre o Rexistro Electrónico na Xunta de Galicia que terá lugar o 19 de decembro.
  • Xornada Operacións de fin de exercicio nas entidades locais. Elaboración das contas anuais

    Xornadas / Luns, 11 de Decembro de 2023.

    A Escola Galega de Administración Pública convoca para o 20 de decembro unha xornada que ten por obxecto analizar, desde unha perspectiva práctica, as operacións de contabilidade pública que realizan as entidades locais no fin do exercicio orzamentario, tanto desde un punto de vista económico como orzamentario e patrimonial.
  • Xornada de formación práctica dixital (E-martes) sobre sistemas para a contratación pública

    Xornadas / Xoves, 7 de Decembro de 2023.

    A Escola Galega de Administración Pública, en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e no marco da iniciativa Universo EGAP Innova, convoca para o 12 de decembro unha nova xornada de formación práctica dixital sobre sistemas para a contratación pública.
  • Xornada sobre a contabilidade nacional nas administracións locais: as regras fiscais

    Xornadas / Mércores, 22 de Novembro de 2023.

    A Escola Galega de Administración Pública, ao abeiro do Instituto de Economía Pública de Galicia, convoca unha xornada que ten como obxectivo, por unha banda, analizar en profundidade o réxime das regras fiscais para o seu correcto cálculo e, por outra, analizar o réxime da débeda pública e os requisitos para poder endebedarse.
  • AnteriorSeguinte 
    Pax 2 de 39
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212