A Escola Galega de Administración Pública organiza en colaboración coa Consellería de Traballo e Benestar, a Dirección Xeral de Xustiza e a Fundación Gavela as Xornadas sobre protección xurídica e discapacidade.
O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) ultima a organización, en colaboración coa Axencia de Modernización de Galicia (Amtega) da xornada Open Data, Oportunidades de Transparencia na Era da Información, prevista para o vindeiro día 18 de abril en horario de mañá.
O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia e a Escola Galega de Administración Pública (EGAP) organizan unhas xornadas sobre Ordenación urbanística e protección do medio rural en Galicia.