A Escola Galega de Administración Pública súmase aos actos de homenaxe ao ensaísta e poeta pontevedrés Valentín Paz Andrade. Con motivo desta celebración a EGAP organiza un acto literario e unha viaxe de interese cultural polos escenarios nos que se desenvolveu boa parte da vida de Valentín Paz Andrade.
A Escola Galega de Administración Pública convoca, en colaboración co Consello Galego da Competencia, as VI Xornadas Nacionais de Defensa da Competencia: Competencia e Protección de Consumidores.
A Escola Galega de Administración Pública convoca a través do DOG unha xornada para dar a coñecer a nova Lei do deporte galego (Lei 3/2012, do 2 de abril, do deporte de Galicia), de recente publicación.
A Escola Galega de Administración Pública convoca esta xornada dirixida polo profesor Dr. Antonio Fernández de Buján e Fernández, catedrático de Dereito Romano da Universidade Autónoma de Madrid.
A Sociedade Española de Sanidade Ambiental (SESA), a Xunta de Galicia e a Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal (GNP-AECT) organizan o “International Congress on Enviromental Health – L Curso de Saúde Ambiental”.