A directora da EGAP, Sonia Rodríguez-Campos, e o director xeral da CRTVG, Alfonso Sánchez Izquierdo, inauguraron hoxe a xornada "Intimidade, imaxe e medios de comunicación públicos", onde distintos profesionais debateron sobre a convivencia do dereito á información e o respecto á intimidade e a honra das persoas sobre as que se informa.