Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
Recursos

Novas

  • A EGAP convértese durante dous días nun foro de debate sobre as novidades do emprego público

    Xornadas / Xoves, 26 de Febreiro de 2015.

    A directora da Escola Galega de Administración Pública, Sonia Rodríguez-Campos incidiu hoxe na inauguración do curso sobre as novidades do emprego público na importancia e oportunidade desta actividade formativa, na que se analizarán e debaterán os cambios producidos no réxime do persoal ao servizo das Administracións como consecuencia da crise e, máis en particular, as consecuencias derivadas da aplicación do Estatuto Básico do Empregado Público.
  • Curso monográfico sobre o Estatuto básico do empregado público: reflexións, estado da cuestión e impacto da crise

    Xornadas / Luns, 9 de Febreiro de 2015.

    Transcorridos case oito anos desde a entrada en vigor do Estatuto básico do empregado público, a EGAP convoca un curso para analizar a problemática xurdida a raíz da súa implantación, así como do seu desenvolvemento e aplicación ao longo destes anos, facendo fincapé naquelas cuestións que, pola súa complexidade ou polas dúbidas na súa interpretación, merecen ser obxecto de debate e reflexión ao longo do curso, no cal participarán relatores de recoñecido prestixio, que coas súas explicacións nos permitirán ter unha idea máis clara da situación actual.
  • A EGAP achega ao eido xudicial unha nova alternativa para resolver conflitos entre a cidadanía e as administracións públicas

    Xornadas / Mércores, 3 de Decembro de 2014.

    A Escola Galega de Administración Pública reuniu a máis de 200 asistentes nunha xornada na que numerosos expertos analizaron as posibilidades da mediación nas relacións entre a cidadanía e as administracións públicas. O obxectivo principal deste encontro é espertar o interese por unha forma diferente de resolver os conflitos, alternativa e complementaria á vía xudicial. Así, a mediación enténdese como un instrumento áxil e eficaz a través de instancias non xudiciais e neutrais que propoñan entre as partes un acordo voluntario coa finalidade de rematar co conflito e evitar o litixio xudicial.
  • A EGAP convoca unha xornada para dar a coñecer as posibilidades da mediación

    Xornadas / Martes, 25 de Novembro de 2014.

    A Escola Galega de Administración Pública convoca a xornada As posibilidades de mediación nas relacións entre os cidadáns e as administracións públicas co obxectivo de espertar nos asistentes o interese por unha forma diferente de resolución dos conflitos entre os cidadáns e as administracións, alternativa á promoción de recursos administrativos e/ou xurisdicionais.
  • A EGAP acolle unha xornada informativa para os responsables das entidades deportivas galegas

    Xornadas / Xoves, 6 de Novembro de 2014.

    A directora da Escola Galega de Administración Pública, Sonia Rodríguez-Campos; o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete; e o director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, inauguraron esta tarde en Santiago de Compostela unha xornada sobre a natureza voluntaria e laboral das actividades desenvolvidas nas entidades deportivas sen ánimo de lucro.
  •   AnteriorSeguinte 
    Pax 34 de 39
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212