Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
Recursos

Novas

  • Convocadas as actividades do primeiro semestre para o persoal da Administración autonómica

    Cursos / Xoves, 18 de Febreiro de 2021.

    A EGAP convoca un total de 154 edicións e 6276 prazas correspondentes ao primeiro semestre do ano 2021 e dirixidas ao persoal ao servizo da Administración xeral autonómica de Galicia, da Administración institucional e das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico.
  • A EGAP e o Issga convocan cursos de prevención de riscos laborais

    Cursos / Martes, 16 de Febreiro de 2021.

    Mediante o convenio de colaboración asinado entre a EGAP e o Issga convócanse dous cursos de prevención de riscos laborais, un xeral e outro específico sobre actividades de tempo libre, dirixido ao persoal empregado público, ás persoas que traballen por conta allea ou como autónomos, aos empresarios e a aquelas persoas con inquietudes no ámbito da prevención de riscos laborais.
  • Cursos de linguaxe administrativa e xurídica galega

    Cursos / Venres, 12 de Febreiro de 2021.

    A EGAP, en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Universidade -a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística- convoca cursos de linguaxe administrativa e xurídica galega tanto para persoal ao servizo das distintas administracións da Comunidade Autónoma de Galicia coma para persoal ao servizo da Administración de xustiza que preste servizos fóra da Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Convocadas as actividades de idiomas para 2021

    Cursos / Luns, 1 de Febreiro de 2021.

    A escola convoca no DOG do 1 de febreiro as actividades de formación continua en materia de idiomas para o persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais, da Administración institucional de Galicia, da Administración de xustiza, das entidades locais e de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia.
  • Convocado o Plan formativo ofimático de Galicia

    Cursos / Luns, 25 de Xaneiro de 2021.

    O DOG do 25 de xaneiro publica a convocatoria das actividades formativas que compoñen o Plan formativo ofimático de Galicia desenvolvido pola EGAP xunto coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia. Os cursos van dirixidos ao persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais, da Administración institucional de Galicia, da Administración de xustiza, das entidades locais e de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG).
  •   AnteriorSeguinte 
    Pax 28 de 117
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212