Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
Recursos

Novas

  • II Curso monográfico A innovación social no sector público

    Cursos / Xoves, 15 de Outubro de 2020.

    Despois do éxito da primeira edición, impartida o pasado mes de xuño, a EGAP volve convocar este curso monográfico coa finalidade de familiarizar o alumnado cos conceptos e procesos básicos da innovación social, con especial atención á súa relevancia, aplicación e particularidades no sector público, entendendo por innovación social o deseño e posta en práctica de novas solucións (modelos, produtos, servizos e políticas) que permitan responder mellor que coas xa existentes a determinados retos sociais.
  • A EGAP convoca cursos na área de incendios forestais da Comunidade Autónoma de Galicia

    Cursos / Xoves, 24 de Setembro de 2020.

    A EGAP, en colaboración co Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Forestais de Galicia, convoca tres actividades en telepresenza destinadas ao persoal laboral da Administración pública da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais e das entidades locais na área de incendios forestais así como a outros profesionais e interesados/as na área de incendios forestais da Comunidade Autónoma de Galicia. 
  • A EGAP inicia unha nova edición do Curso superior de administración electrónica

    Cursos / Martes, 22 de Setembro de 2020.

    Esta mañá a Escola Galega de Administración Pública (EGAP) acolleu a primeira sesión presencia do Curso superior de administración electrónica, unha actividade dirixida a afondar, desde unha perspectiva técnico-xurídica, nesta materia, incidindo na importancia que ten a súa implantación nas distintas administracións da nosa comunidade. Esta formación de carácter semipresencial terá unha duración de 114 horas e vai dirixida en exclusiva ao persoal empregado público de Galicia. 
  • Curso de prevención de riscos laborais de nivel básico

    Cursos / Venres, 21 de Agosto de 2020.

    De acordo co convenio de colaboración subscrito entre a Escola Galega de Administración Pública (en diante EGAP) e o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (Issga) para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación, convócase un curso en materia de prevención de riscos laborais.
  • A EGAP formará á cidadanía e ao persoal empregado público sobre o uso de certificados dixitais

    Cursos / Mércores, 12 de Agosto de 2020.

    O próximo 1 de setembro terá lugar nas instalacións da Escola Galega de Administración Pública (EGAP) unha actividade formativa, dirixida tanto a empregados públicos coma á cidadanía, para profundar sobre o uso de certificados dixitais na Xunta de Galicia.
  •   AnteriorSeguinte 
    Pax 30 de 117
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212