Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
Recursos

Novas

  • Publicado no DOG o Plan de formación para o ano 2021

    Cursos / Luns, 11 de Xaneiro de 2021.

    O DOG do 11 de xaneiro publica o Plan de formación continua da EGAP, un documento que recolle as actividades formativas dirixidas ao persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional, da Administración de xustiza de Galicia, das entidades locais de Galicia e ao persoal de administración e servizos (PAS) das tres universidades galegas (UDC, USC e UVigo).


  • 24 empregados públicos con discapacidade intelectual reciben formación de acollida na EGAP

    Cursos / Mércores, 9 de Decembro de 2020.

    A directora da Escola Galega de Administración Pública deulle a benvida á Xunta de Galicia ao primeiro dos dous grupos que asisten entre hoxe e mañá a un curso de acollida, deseñado para ofrecer coñecementos básicos previos á súa incorporación como persoal funcionario de carreira en materia de administración electrónica, protección de datos e prevención de riscos laborais.
  • Curso monográfico A Lei de contratos do sector público para os poderes adxudicadores non Administración pública (PANAP)

    Cursos / Luns, 7 de Decembro de 2020.

    A EGAP convoca un curso monográfico mixto, con tres sesións en telepresenza e unha presencial, co obxectivo de propiciar o debate ao redor daqueles aspectos máis relevantes desde o punto de vista xurídico e da xestión introducidas polas últimas novidades lexislativas en materia de contratación pública que afectan aos PANAP (poderes adxudicadores non Administración pública), e achegar unha formación de carácter práctico sobre os sistemas e plataformas electrónicas para a tramitación dos procedementos de contratación no ámbito autonómico. 
  • Cursos de formación de carácter obrigatorio en prevención de riscos laborais nas tarefas de tipo administrativo

    Cursos / Mércores, 11 de Novembro de 2020.

    A EGAP convoca dous cursos en teleformación de carácter obrigatorio en prevención de riscos laborais nas tarefas de tipo administrativo, dirixidos ao persoal ao servizo da Administración de xustiza con destino no partido xudicial de Pontevedra e nos xulgados de primeira instancia e instrución e xulgados de paz da provincia de Pontevedra.
  • Curso de transparencia administrativa e acceso á información pública

    Cursos / Martes, 3 de Novembro de 2020.

    A través dun convenio asinado entre a Escola Galega de Administración Pública e a Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, a EGAP convoca un curso na modalidade de telepresenza sobre transparencia administrativa e acceso á información pública.
  •   AnteriorSeguinte 
    Pax 29 de 117
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212