Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
Recursos

Novas

  • Curso monográfico A planificación estratéxica como método de xestión pública

    Cursos / Luns, 20 de Xullo de 2020.

    A EGAP convoca o curso monográfico A planificación estratéxica como método de xestión pública, que terá lugar os días 9, 10 e 11 de setembro en Santiago de Compostela.
  • Curso superior de administración electrónica 2020

    Cursos / Venres, 17 de Xullo de 2020.

    A Escola convoca, en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), o Curso superior de Administración electrónica 2020 que terá lugar nos meses de setembro e outubro.
  • Convocados os cursos do segundo semestre destinados ao persoal da Administración autonómica

    Cursos / Venres, 3 de Xullo de 2020.

    A EGAP convoca no DOG do 3 de xullo un total de 39 edicións e 1609  prazas en cursos de formación continua dirixidos ao persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico e da Administración institucional. 
  • Webinario: O levantamento da suspensión dos prazos administrativos e procesuais: cuestións prácticas de interese

    Cursos / Venres, 29 de Maio de 2020.

    O próximo xoves 4 de xuño ás 12 horas terá lugar un seminario web dirixido a analizar o levantamento da suspensión dos prazos administrativos e procesuais. O Acordo do Congreso dos Deputados do 20 de maio de 2020 autorizando a prórroga do estado de alarma declarado polo Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, dispón o levantamento da suspensión de termos e da interrupción de prazos administrativos, prazos procesuais e prazos de prescrición e caducidade de accións e dereitos, con efectos desde o 1 e o 4 de xuño de 2020 de forma respectiva. O alambicado réxime contido no Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, xera unha boa dose de incerteza e inseguridade en forma de interrogantes que convén resolver canto antes.
  • Curso monográfico A innovación social no sector público

    Cursos / Luns, 18 de Maio de 2020.

    A extraordinaria situación provocada nos últimos meses pola pandemia do coronavirus creou incentivos particularmente poderosos para a innovación social. Así, a aparición súbita dun conxunto de problemas sociais novos para os que as solucións existentes non semellaban adecuadas provocou a proliferación de alternativas innovadoras, algunhas máis sutís ca outras. Con fins ilustrativos, o curso utilizará numerosos exemplos extraídos da resposta ante a emerxencia sanitaria da COVID-19 e as súas consecuencias. O foco porase en exemplos centrados no sector público ou vinculados a colaboracións público-privadas.
  •   AnteriorSeguinte 
    Pax 31 de 117
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212