Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
Recursos

Novas

  • A Escola convoca o programa de autoformación con 42 materias diferentes

    Cursos / Luns, 10 de Abril de 2017.

    Este ano o programa de autoformación diríxese a todo o perosal ao servizo das diferentes administracións da Comunidade Autónoma, ofrece un amplo abano de cursos relativos a diferentes áreas formativas que facilitan a capacitación para o desenvolvemento eficiente de calquera posto de traballo.
  • Curso de prevención de riscos laborais en actividades de tempo libre

    Cursos / Luns, 10 de Abril de 2017.

    De acordo co convenio de colaboración asinado entre a Escola Galega de Administración Pública e o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA) para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación, convócase un curso de prevención de riscos laborais en actividades de tempo libre, nivel básico.
  • Cursos de linguaxe administrativa galega para o persoal da Administración autonómica

    Cursos / Venres, 7 de Abril de 2017.

    A Escola Galega de Administración Pública convoca 14 edicións e 350 prazas dos cursos de linguaxe administrativa galega (nivel medio e nivel superior) destinados aos empregados públicos destinados na Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico que accedan á formación continua.
  • Cursos de linguaxe xurídica galega para o persoal que preste servizos dentro da CA de Galicia

    Cursos / Venres, 7 de Abril de 2017.

    A EGAP convoca tres edicións dos cursos de linguaxe xurídica galega (1 do nivel medio e 2 do nivel superior) destinadas a xuíces, maxistrados, fiscais, secretarios xudiciais, médicos forenses, funcionarios dos corpos xerais ao servizo da Administración de xustiza e persoal laboral con destino nos órganos xudiciais da Comunidade Autónoma de Galicia; a letrados da Xunta de Galicia; a notarios, rexistradores da propiedade, avogados, procuradores e alumnos das escolas de práctica xurídica de Galicia; a profesores de linguaxe de signos e persoas incluídas nas bolsas de traballo para o nomeamento de funcionarios interinos da Administración de xustiza; así como a aquelas persoas que acrediten ter superado o proceso selectivo para o ingreso nos corpos xerais ao servizo da Administración de xustiza.
  • Cursos de linguaxe xurídica galega para o persoal que preste servizos fóra da CA de Galicia

    Cursos / Venres, 7 de Abril de 2017.

    A EGAP convoca 3 edicións do nivel superior de linguaxe xurídica galega destinadas a maxistrados, xuíces, fiscais, secretarios xudiciais, médicos forenses, funcionarios dos corpos de xestión procesual e administrativa, de tramitación procesual e administrativa e de auxilio xudicial que na data desta resolución estean a prestar servizos efectivos fóra da Comunidade Autónoma de Galicia.
  •   AnteriorSeguinte 
    Pax 68 de 117
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212