A EGAP convoca no DOG do 5 de xuño un total de 79 edicións e 2570 prazas destinadas ao persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico.
De acordo co convenio de colaboración asinado entre o Concello da Coruña e a Escola Galega de Administración Pública convócanse dous cursos para o persoal do Concello da Coruña.
A Escola Galega de Administración Pública, en colaboración coas consellerías de Política Social, Sanidade e Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, convoca tres actividades formativas en materia de atención temperá.
A Escola Galega de Administración Pública (EGAP) iniciou esta tarde o curso superior A nova lexislación administrativa básica: teoría e práctica. Cunha duración de 45 horas, esta actividade que se estenderá ao longo de dous meses servirá para formar a 100 persoas sobre as principais novidades que achegan as leis 39 e 40/2015 e a súa incidencia na organización e funcionamento da Administración.
A EGAP convoca un curso superior presencial, cunha duración de 45 horas, para abordar o estudo das modificacións do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común desde unha perspectiva práctica. Esta actividade combinará en cada sesión a análise, o estudo e o debate dos temas propostos coa resolución de supostos prácticos.