De acordo co convenio de colaboración asinado o 4 de xaneiro de 2017 entre a Escola Galega de Administración Pública e o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación, convócanse tres edicións do curso de prevención de riscos laborais nivel básico para empregados públicos, traballadores por conta allea ou autónomos, empresarios e aquelas persoas con inquietudes no ámbito da prevención de riscos laborais.