Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
Recursos

Novas

  • Curso monográfico A nova Lei de contratos do sector público

    Cursos / Xoves, 30 de Novembro de 2017.

    A EGAP convoca para os días 19 e 20 de decembro un curso monográfico sobre a nova Lei de contratos do sector público co fin de analizar as principais modificacións introducidas por esta norma e propiciar o debate ao redor daqueles aspectos máis innovadores e relevantes dende o punto de vista xurídico e da xestión pública.
  • A directora da EGAP aposta por promover un modelo de urbanismo que contribúa a un desenvolvemento máis racional e equilibrado do territorio

    Cursos / Martes, 21 de Novembro de 2017.

    A directora da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), Sonia Rodríguez-Campos, e a directora xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas, inauguraron esta mañá na EGAP o curso monográfico A nova configuración xurídica do urbanismo e do patrimonio cultural en Galicia.
  • Curso monográfico O emprego público no décimo aniversario do EBEP

    Cursos / Martes, 7 de Novembro de 2017.

    En abril deste ano cumpriuse unha década da aprobación do Estatuto Básico do Empregado Público. Pasado este tempo, resulta conveniente facer balance para analizar os aspectos que si se aplicaron e aqueloutros que están aínda pendentes, identificando as causas deste incumprimento e propoñendo as posibles solucións. Ademais, abordaranse outros retos do emprego público en España, como son a xestión pública dos recursos humanos ou a laboralidade e a temporalidade do emprego público. 
  • Curso monográfico A nova configuración xurídica do urbanismo e do patrimonio cultural en Galicia

    Cursos / Luns, 6 de Novembro de 2017.

    O curso ten como finalidade analizar os cambios normativos producidos coa aprobación da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, unida ao seu regulamento aprobado polo Decreto 143/2016, do 22 de setembro, e coa aprobación da Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia.

    Do mesmo xeito, inclúese o estudo de aspectos novos como o enerxético, a contaminación luminosa, o aspecto penal e o relacionado coas exixencias derivadas da Lei 9/2014, do 9 de maio, xeral de telecomunicacións, en relación coa contaminación electromagnética.
  • Obradoiro sobre Real decreto 424/2017, de control interno do sector público local

    Cursos / Xoves, 2 de Novembro de 2017.

    De acordo co convenio de colaboración subscrito entre a Escola Galega de Administración Pública e o Consello Xeral dos Colexios Oficiais de Secretarios, Interventores e Tesoureiros de Administración Local (Cosital) para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación, convócase o curso denominado Obradoiro sobre Real decreto 424/2017, de control interno do sector público local.
  •   AnteriorSeguinte 
    Pax 61 de 118
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212