Cen empregados públicos iniciaron esta mañá na Escola Galega de Administración Pública o curso superior A nova lexislación administrativa básica: teoría e práctica. Cunha duración de 45 horas, esta actividade estenderase ao longo de dous meses e servirá para formarlos sobre as principais novidades que achegan as leis 39 e 40/2015 e a súa incidencia na organización e funcionamento da Administración.
A Escola Galega de Administración Pública convoca no DOG do 20 de febreiro 42 actividades de formación continua en materia de idiomas e 1620 prazas, con cursos específicos de lingua inglesa, francesa, alemá, portugesa e de signos.
De acordo co convenio de colaboración subscrito entre a Escola Galega de Administración Pública e o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (Issga) para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación, convócase un curso de prevención de riscos laborais en actividades de tempo libre-nivel básico.
A EGAP convoca no DOG do 16 de febreiro 1900 prazas do Plan formativo ofimático de Galicia con dúas novidades importantes. Por unha banda, ofrécese unha oferta conxunta para todos os colectivos e, por outra, as probas de avaliación final das actividades formativas terán lugar nas sete principais cidades galegas.
A Escola Galega de Administración Pública convoca no DOG do 14 de febreiro un total de 171 actividades formativas e 6142 prazas dirixidas ao persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico e da Administración institucional.