Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
Recursos

Novas

  • Curso de prevención de riscos laborais nivel básico

    Cursos / Venres, 23 de Marzo de 2018.

    De acordo co convenio de colaboración subscrito entre a Escola Galega de Administración Pública e o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (Issga) convocan un curso de prevención de riscos laborais nivel básico para persoal empregado público, traballador por conta allea ou autónomo, empresario e persoa con inquietudes no ámbito da prevención de riscos laborais. 
  • Curso superior sobre elaboración, xestión e avaliación de estratexias integradas de desenvolvemento urbano sustentable

    Cursos / Xoves, 15 de Marzo de 2018.

    A Escola Galega de Administración Pública convoca, no DOG do 15 de marzo, un curso superior sobre elaboración, xestión e avaliación de estratexias integradas de desenvolvemento urbano sustentable coa finalidade de dar a coñecer os obxectivos das políticas europeas en materia de desenvolvemento urbano e territorial, profundar na necesidade de incorporar esta visión e obxectivos estratéxicos da EE2020 na planificación municipal galega e aplicar ferramentas de xestión de fondos europeos a través das estratexias DUSI.
  • A Escola convoca actividades de formación para o persoal da Administración local

    Cursos / Mércores, 7 de Marzo de 2018.

    A EGAP convoca no DOG do 7 de marzo 29 edicións formativas e 1270 prazas dirixidas ao persoal empregado público das entidades locais galegas así como ao persoal funcionario con habilitación de carácter nacional que estean prestando servizos noutras administracións públicas.
  • A EGAP convoca as actividades formativas para o persoal da Administración de xustiza de Galicia

    Cursos / Venres, 2 de Marzo de 2018.

    A EGAP convoca no DOG do 2 de marzo un total de 26 edicións formativas destinadas aos empregados/as públicos/as e membros das bolsas de interinos dos corpos de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa, auxilio xudicial e médicos forenses da Administración de xustiza en Galicia.
  • II Curso superior de inspección ambiental de Galicia

    Cursos / Venres, 2 de Marzo de 2018.

    A EGAP convoca no DOG do 2 de marzo o II Curso superior de inspección ambiental, o cal aborda, desde unha perspectiva práctica, as modificacións normativas que tiveron lugar desde a realización do I curso no ano 2014, no ámbito da inspección ambiental, así como no do traslado de residuos transfronteirizos.
  •   AnteriorSeguinte 
    Pax 58 de 118
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212