Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
Recursos

Novas

  • Cursos sobre xestión ambiental

    Cursos / Luns, 9 de Xullo de 2012.

    GEODEM, centro de Enxeñaría e Innovación para o Desenvolvemento Medioambiental, é unha “spin-off” da Universidade de Vigo que ofrece cursos de formación ambiental avanzada, en colaboración e co recoñecemento da EGAP. Estes cursos de e-learning inciden expresamente en temáticas de carácter ambiental, tales como xestión ambiental, xestión forestal sostible, desenvolvemento sostible, Rede Natura, XIS e responsabilidade social corporativa, entre outros.
  • Máster oficial online en Dirección pública e liderado institucional

    Cursos / Luns, 9 de Xullo de 2012.

    A universidade de Vigo, en colaboración coa Escola Galega de Administración Pública (EGAP), pon en marcha o Máster oficial en Dirección pública e liderado institucional, centrado no desenvolvemento de competencias directivas e destinado aos empregados públicos dos grupos A1 e A2 de todas as administracións públicas galegas (incluídas a local e a universitaria).
  • Máster en Ordenación Xurídica do Mercado da Universidade de Vigo

    Cursos / Luns, 9 de Xullo de 2012.

    En virtude do convenio de colaboración entre a EGAP e a Universidade de Vigo, asinado o 11 de xuño de 2012, infórmase aos interesados sobre o Máster en Ordenación Xurídica do Mercado. Esta titulación ofrece formación xurídica interdisciplinar para licenciados en Dereito, Economía, Administración e dirección de empresas, e Ciencias políticas. A docencia semipresencial permite adaptar o estudo aos horarios de traballo dos interesados ou a outras actividades. Tamén é posible a matrícula a tempo parcial.
  • A EGAP convoca sete cursos de linguaxe administrativa galega para a Administración local

    Cursos / Xoves, 7 de Xuño de 2012.

    A Escola Galega de Administración Pública (EGAP), en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, convoca no DOG núm. 108, do 7 de xuño de 2012, sete edicións do curso de linguaxe administrativa galega (catro do nivel medio e tres do superior).
  • A EGAP convoca 1500 prazas de probas libres para acreditar coñecementos das materias do Plan Ofimático de Galicia

    Cursos / Mércores, 2 de Maio de 2012.

    Os exames, convocados no DOG de hoxe, terán lugar na sede da Escola Galega de Administración Pública, en Santiago de Compostela, durante os meses de xuño e outubro.
  •   AnteriorSeguinte 
    Pax 113 de 117
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212