Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
Recursos

Novas

  • A EGAP convoca dous cursos para obter o diploma de directiva ou directivo da Xunta de Galicia

    A Escola / Martes, 28 de Xaneiro de 2014.

    O DOG do 27 de xaneiro publica a convocatoria de dous cursos para obter o diploma de directiva ou directivo da Xunta de Galicia, un deles destinado ao persoal da Administración autonómica e outro dirixido ao das entidades locais. O primeiro dos cursos para obter o diploma de directiva ou directivo vai destinado ao persoal funcionario, ao persoal laboral fixo, ao persoal sanitario e ao persoal docente ao servizo da Comunidade Autónoma de Galicia. No caso do segundo, os destinatarios son os empregados públicos das entidades locais galegas.
  • Abre o prazo de matrícula de 231 edicións formativas

    A Escola / Venres, 24 de Xaneiro de 2014.

    A Escola Galega de Administración Pública publica no DOG do 24 de xaneiro a primeira convocatoria de actividades de formación continua para o persoal da Administración autonómica do ano 2014, que suporá a posta en marcha de 8.466 prazas.
  • A EGAP e o Parlamento de Galicia organizan dous cursos de inglés

    A Escola / Xoves, 23 de Xaneiro de 2014.

    A Escola Galega de Administración Pública e o Parlamento de Galicia poñen en marcha dous cursos en teleformación de lingua inglesa grazas á sinatura dun convenio de colaboración entre as dúas entidades. Estas actividades están dirixidas exclusivamente ao persoal do Parlamento de Galicia.
  • A EGAP e Ingacal organizan tres actividades formativas

    A Escola / Luns, 13 de Xaneiro de 2014.

    A Escola Galega de Administración Pública e o Instituto Galego da Calidade Alimentaria (Ingacal) poñen en marcha tres cursos en teleformación de ofimática grazas á sinatura dun convenio de colaboración entre as dúas entidades. Estas actividades están dirixidas aos empregados do Ingacal e ao persoal ao servizo da Administración autonómica da Xunta de Galicia que desenvolva as súas funcións nos centros coordinados polo Ingacal.
  • Alfonso Rueda anuncia a reforma da Lei da Administración local de Galicia nun curso da EGAP dirixido aos seus técnicos

    Cursos / Xoves, 9 de Xaneiro de 2014.

    A Escola Galega de Administración Pública celebrou o inicio do curso de Contabilidade pública local, que ten como obxectivo formar os técnicos das entidades municipais para que poidan adaptarse á nova normativa que entrará en vigor no ano 2015.
  •   AnteriorSeguinte 
    Pax 207 de 251
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212