A Escola Galega de Administración Pública e o Concello da Coruña, a través da sinatura dun convenio, poñen en marcha un curso de Aplicacións informáticas de follas de cálculo (Microsoft Office 2010) destinado a auxiliares administrativos e auxiliares de atención cidadá do Concello da Coruña.
A Escola Galega de Administración Pública, segundo o aprobado no seu Consello Reitor, convoca dez actividades formativas destinadas ao persoal da Administración local de Galicia, publicadas no DOG do 27 de marzo.
Co obxectivo de dar a coñecer no ámbito da Administración local a doutrina sentada polo Consello Consultivo de Galicia en distintas materias en que a súa intervención é preceptiva a Escola Galega de Administración Pública convoca, en colaboración co Consello Consultivo de Galicia, o curso “A función consultiva para o persoal ao servizo da Administración local.
A Escola Galega de Administración Pública convoca no DOG do 25 de marzo o programa de autoformación para o persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, consolidando así a acción formativa iniciada o ano pasado e renovando os seus contidos formativos para incluír novos temas de interese.
A Escola Galega de Administración Pública convoca no DOG do 24 de marzo un bolsa de xestión documental en contornas dixitais para realizar estudos e prácticas nesta materia na propia EGAP. Vai destinada a persoas que remataran con posterioridade a xaneiro do ano 2002 a diplomatura en biblioteconomía e documentación ou a licenciatura en documentación.