Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
Recursos

Novas

  • Curso sobre a función consultiva para o persoal da Administración local

    A Escola / Martes, 25 de Marzo de 2014.

    Co obxectivo de dar a coñecer no ámbito da Administración local a doutrina sentada polo Consello Consultivo de Galicia en distintas materias en que a súa intervención é preceptiva a Escola Galega de Administración Pública convoca, en colaboración co Consello Consultivo de Galicia, o curso “A función consultiva para o persoal ao servizo da Administración local.
  • Convocatoria dunha bolsa de xestión documental en contornas dixitais

    A Escola / Luns, 24 de Marzo de 2014.

    A Escola Galega de Administración Pública convoca no DOG do 24 de marzo un bolsa de xestión documental en contornas dixitais para realizar estudos e prácticas nesta materia na propia EGAP. Vai destinada a persoas que remataran con posterioridade a xaneiro do ano 2002 a diplomatura en biblioteconomía e documentación ou a licenciatura en documentación.
  • Xornada sobre financiamento europeo para proxectos de fomento da actividade física e do deporte

    A Escola / Luns, 24 de Marzo de 2014.

    A Escola Galega de Administración Pública convoca, en colaboración coa Secretaría Xeral para o Deporte e a Fundación Galicia Europa, unha Xornada sobre financiamento europeo para proxectos de fomento da actividade física e do deporte que ten como finalidade informar o sector deportivo sobre as diferentes posibilidades de financiamento de proxectos europeos neste ámbito.
  • Baudilio Tomé clausura o I Seminario internacional sobre transparencia administrativa

    Xornadas / Xoves, 20 de Marzo de 2014.

    Baudilio Tomé Muguruza, membro do Tribunal de Contas Europeo, pronunciou na Escola Galega de Administración Pública un relatorio sobre o control dos fondos públicos na UE como clausura do I Seminario sobre transparencia administrativa e protección dos intereses financeiros da Unión Europea na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.
  • A Escola analiza a xestión de fondos europeos nun seminario sobre transparencia administrativa

    A Escola / Mércores, 19 de Marzo de 2014.

    Esta mañá a directora da EGAP, Sonia Rodríguez-Campos e o director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo inauguraron o I Seminario sobre transparencia administrativa e protección dos intereses financeiros da Unión Europea na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, que durante dous días reunirá en Santiago de Compostela a importantes expertos nesta materia.
  •   AnteriorSeguinte 
    Pax 209 de 257
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212