Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
Recursos

Novas

  • A EGAP e o ISSGA organizan tres cursos de prevención de riscos laborais

    A Escola / Luns, 3 de Febreiro de 2014.

    A Escola Galega de Administración Pública (EGAP) e o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA), grazas á sinatura dun convenio de colaboración, poñen en marcha un curso básico de Prevención de Riscos Laborais destinado a empregados, traballadores por conta allea ou autónomos, traballadores designados e delegados de prevención, empresarios e aquelas persoas con inquietudes no ámbito da prevención de riscos laborais.
  • Publicadas as convocatorias dos cursos de xefatura de sección e xefatura de negociado

    A Escola / Venres, 31 de Xaneiro de 2014.

    O prazo de matrícula de 2 edicións de perfeccionamento de xefatura de sección e de 4 de xefatura de negociado comezará o martes 4 de febreiro ás 8 horas.
  • AVISO: Modificación de datas de actividades formativas

    A Escola / Martes, 28 de Xaneiro de 2014.

    As actividades formativas anunciadas a continuación, actualmente en prazo de matrícula, sufriron modificacións nas súas datas ou no seu horario.
  • A EGAP convoca dous cursos para obter o diploma de directiva ou directivo da Xunta de Galicia

    A Escola / Martes, 28 de Xaneiro de 2014.

    O DOG do 27 de xaneiro publica a convocatoria de dous cursos para obter o diploma de directiva ou directivo da Xunta de Galicia, un deles destinado ao persoal da Administración autonómica e outro dirixido ao das entidades locais. O primeiro dos cursos para obter o diploma de directiva ou directivo vai destinado ao persoal funcionario, ao persoal laboral fixo, ao persoal sanitario e ao persoal docente ao servizo da Comunidade Autónoma de Galicia. No caso do segundo, os destinatarios son os empregados públicos das entidades locais galegas.
  • Abre o prazo de matrícula de 231 edicións formativas

    A Escola / Venres, 24 de Xaneiro de 2014.

    A Escola Galega de Administración Pública publica no DOG do 24 de xaneiro a primeira convocatoria de actividades de formación continua para o persoal da Administración autonómica do ano 2014, que suporá a posta en marcha de 8.466 prazas.
  •   AnteriorSeguinte 
    Pax 212 de 256
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212