A análise de máis de 7000 enquisas, feitas tanto polo alumnado como polos docentes, amosa unha satisfacción xeneralizada e en aumento coa acción formativa da Escola Galega de Administración Pública nas distintas modalidades de ensino.
A través do convenio de colaboración asinado o 3 de xaneiro de 2014 entre a Escola Galega de Administración Pública e a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, ponse en marcha un curso de Rexistro e información administrativa destinado aos empregados de AGADER.
A Escola Galega de Administración Pública e o Concello da Coruña, a través da sinatura dun convenio, poñen en marcha un curso de Aplicacións informáticas de follas de cálculo (Microsoft Office 2010) destinado a auxiliares administrativos e auxiliares de atención cidadá do Concello da Coruña.
A Escola Galega de Administración Pública, segundo o aprobado no seu Consello Reitor, convoca dez actividades formativas destinadas ao persoal da Administración local de Galicia, publicadas no DOG do 27 de marzo.
Co obxectivo de dar a coñecer no ámbito da Administración local a doutrina sentada polo Consello Consultivo de Galicia en distintas materias en que a súa intervención é preceptiva a Escola Galega de Administración Pública convoca, en colaboración co Consello Consultivo de Galicia, o curso “A función consultiva para o persoal ao servizo da Administración local.