Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
Recursos

Novas

  • A EGAP inaugura unha nova edición do seu curso para directivos cunha convocatoria na que a demanda cuadriplicou o número de prazas ofertadas

    A Escola / Luns, 17 de Marzo de 2014.

    O vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda; a directora da EGAP, Sonia Rodríguez-Campos; e o director xeral de Administración Local, José Alberto Pazos, asistiron ao acto de inauguración do Curso para a obtención do diploma de directivos autonómicos e locais esta tarde na sede da EGAP en Santiago de Compostela.
  • A EGAP forma a máis de cen profesionais no eido da avaliación ambiental

    A Escola / Xoves, 13 de Marzo de 2014.

    Máis de cen enxeñeiros asistiron ao curso técnico sobre cambios e novidades lexislativas en materia de avaliación ambiental, posto en marcha grazas a un convenio asinado entre a Escola Galega de Administración Pública e o Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos de Galicia.
  • Novo curso de analista de riscos inmobiliarios

    A Escola / Martes, 4 de Marzo de 2014.

    En virtude do convenio de colaboración asinado entre a Escola Galega de Administración Pública e o European Institute of Real Estate Risk Analysis, ambos os organismos poñen en marcha o curso Basic Risk Certificate (Analista de riscos inmobiliarios).
  • Curso de PRL na Estrada para o persoal de residencias de maiores

    A Escola / Venres, 28 de Febreiro de 2014.

    A EGAP; a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a través do Servizo de Prevención de Riscos Laborais; e Mugatra Sociedade de Prevención S.L.U. organizan un curso de prevención de riscos laborais para o persoal que presta servizos nas residencias de maiores da Xunta de Galicia.
  • A Escola organiza un seminario sobre transparencia administrativa cofinanciado pola Comisión Europea

    A Escola / Xoves, 27 de Febreiro de 2014.

    O I Seminario sobre transparencia administrativa e protección dos intereses financeiros da Unión Europea na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal servirá para abordar aquelas medidas dirixidas a que a cidadanía poida coñecer en que e como se empregan os fondos públicos. Ademais, formularanse propostas para mellorar a transparencia do sector público co propósito de garantir que a cidadanía poida coñecer o volume de gastos e ingresos das administracións, quen son os destinatarios dos contratos públicos, quen se beneficia de cada subvención ou canto custa realizar unha obra ou fomentar unha determinada actividade.
  •   AnteriorSeguinte 
    Pax 210 de 257
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212