Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
Recursos

Novas

  • Novo prazo de matrícula para as probas de avaliación de carácter libre do Plan formativo ofimático de Galicia

    A Escola / Xoves, 24 de Abril de 2014.

    A Escola Galega de Administración Pública abre un novo prazo de matrícula para completar o número de solicitudes presentadas nas probas de avaliación de carácter libre das actividades formativas que terán lugar do 16 ao 19 de xuño e que foron convocadas no DOG do 27 de febreiro.
  • A EGAP promove o debate sobre o impacto da reforma da Administración local galega

    Xornadas / Xoves, 24 de Abril de 2014.

    A Escola Galega de Administración Pública inicia un curso dirixido a abordar o contido esencial da Lei de racionalización e sustentabilidade da Administración local e a achegar luz sobre aquelas cuestións que necesiten de certa precisión. Ademais, dará a coñecer as solucións articuladas na Lei de medidas urxentes, á cal a Xunta de Galicia deu luz verde no Consello da Xunta o pasado 20 de marzo.
  • A EGAP convoca un curso de subvencións para o persoal de Agader

    A Escola / Luns, 21 de Abril de 2014.

    A través do convenio de colaboración asinado entre a Escola Galega de Administración Pública e a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) ponse en marcha o curso As subvencións. Regulación estatal e autonómica.
  • Mugatra e a EGAP convocan dous cursos de prevención de riscos laborais

    A Escola / Luns, 14 de Abril de 2014.

    Grazas ao convenio de colaboración asinado entre a Escola Galega de Administración Pública e Mugatra Sociedade de Prevención S.L.U. póñense en marcha un curso sobre Prevención de riscos laborais na defensa contra incendios forestais e outro sobre Prevención de riscos laborais: primeiros auxilios, loita contra incendios e evacuación.
  • Abre o prazo de matrícula para as actividades destinadas ao persoal de xustiza

    Cursos / Venres, 11 de Abril de 2014.

    A Escola Galega de Administración Pública convoca 28 actividades destinadas aos empregados públicos dos corpos de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa, auxilio xudicial e médicos forenses da Administración de xustiza en Galicia; e aos membros das bolsas de interinos dos corpos de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial da Administración de xustiza, dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia.
  •   AnteriorSeguinte 
    Pax 215 de 266
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212