Dentro das actividades programadas para o ano 2013, e de acordo co convenio de colaboración asinado o 30 de xaneiro de 2013 entre a Escola Galega de Administración Pública e a Consellería de Traballo e Benestar para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación; convócase un curso de capacitación para o desempeño da función de inspección de servizos sociais.