Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
Recursos

Novas

  • Nova oferta de cursos sobre xestión ambiental

    Cursos / Mércores, 12 de Xuño de 2013.

    GEODEM, Centro de Enxeñería e Innovación para o Desenvolvemento Ambiental cofinanciado pola Universidade de Vigo, ofrece cursos de educación ambiental en colaboración coa EGAP, grazas a un convenio de colaboración asinado entre estes dous organismos. As actividades formativas están relacionadas coa xestión forestal, o desenvolvemento sostible e o impacto ambiental, entre outros.
  • A EGAP acolleu un congreso internacional sobre psicoloxía clínica

    A Escola / Luns, 10 de Xuño de 2013.

    Unhas 1000 persoas asistiron durante tres días ao congreso internacional sobre psicoloxía clínica organizado pola Asociación Española de Psicología Conductual en colaboración coa Escola Galega de Administración Pública, grazas a un convenio asinado entre as dúas entidades.
  • García Morán, asesor xefe de Tecnoloxías da Información na Comisión Europea, pronunciará unha conferencia na EGAP

    A Escola / Luns, 10 de Xuño de 2013.

    Este mércores ás 17 horas, dentro do III Curso de Administración Electrónica organizado pola EGAP en colaboración co CPEIG, Francisco García Morán falará sobre o Contexto político e a organización en Tecnoloxías da Información na Comisión Europea.
  • A EGAP e o Ilustre Colexio de Avogados de Santiago de Compostela organizan dous cursos

    A Escola / Xoves, 6 de Xuño de 2013.

    A Escola Galega de Administración Pública e o Ilustre Colexio de Avogados de Santiago de Compostela, en virtude do convenio de colaboración asinado o 15 de xaneiro de 2013, poñen en marcha dúas actividades formativas: o Curso de especialización en mediación civil e mercantil para avogados e o Curso sobre xustiza de ricos e xustiza de pobres.
  • A EGAP organiza un seminario sobre reforma administrativa coa dirección do INAP

    A Escola / Mércores, 5 de Xuño de 2013.

    Manuel Arenilla, director do Instituto Nacional de Administracións Públicas, e Sonia Rodríguez-Campos, directora da Escola Galega de Administración Pública, convocaron no día de onte a un grupo de expertos en materia de administración pública para formular propostas de reforma, co obxecto de mellorar a eficiencia administrativa e garantir a sustentabilidade do Estado autonómico no presente contexto.
  •   AnteriorSeguinte 
    Pax 218 de 251
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212