Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
Recursos

Novas

  • Webinario A Lei 1/2022, do 12 de xullo, de mellora da xestión do ciclo integral da auga

    Xornadas / Luns, 13 de Febreiro de 2023.

    O próximo 22 de febreiro terá lugar un webinario dirixido a dar a coñecer a recente Lei 1/2022, do 12 de xullo, de mellora da xestión do ciclo integral da auga, que vén completar o marco normativo vixente en materia de augas naComunidade Autónoma de Galicia. Esta lei, que aborda por primeira vez a xestión do ciclo integral da auga no territorio galego, ditouse co obxecto de establecer unha regulación que reforza o apoio aos concellos nas súas competencias de abastecemento, saneamento e depuración das augas, e crear un novo modelo de xestión que pretende garantir a calidade dos servizos aos cidadáns, a eficiencia na explotación das infraestruturas e a viabilidade económica dos sistemas.
  • Xornada de formación práctica dixital (E-martes) sobre notificacións electrónicas

    Xornadas / Xoves, 2 de Febreiro de 2023.

    A EGAP convoca, en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e no marco da iniciativa Universo EGAP Innova, unha nova xornada de formación práctica dixital sobre notificacións electrónicas que terá lugar o martes 14 de febreiro. 
  • Aprobado o próximo número da revista Administración&Cidadanía

    Publicacións / Xoves, 2 de Febreiro de 2023.

    O Consello de redacción da revista Administración&Cidadanía reuniuse esta tarde na Escola Galega de Administración Pública e tamén por videoconferencia para aprobar o número 2 do volume 17, correspondente ao segundo semestre de 2022.
  • A EGAP inicia o foro Diálogos sobre innovación e competitividade no sector público e no sector privado

    Xornadas / Venres, 27 de Xaneiro de 2023.

    A EGAP iniciou esta mañá o foro Diálogos sobre innovación e competitividade no sector público e no sector privado, no marco das actividades do Instituto de Economía Pública de Galicia (IEP), coa conferencia “A Administración dixital e as implicacións da dixitalización no sector privado” impartida polo catedrático de Ciencia Política e da Administración da Universidade Rey Juan Carlos e Administrador Civil do Estado, Manuel Arenilla, e o director de Procesos Dixitais e Axilidade Operativa en ABANCA, Pablo Mateo.
  • Cursos para o persoal empregado público das entidades locais e do sector público autonómico de Galicia

    Cursos / Xoves, 26 de Xaneiro de 2023.

    A Escola Galega de Administración Pública, a través dun convenio de colaboración co Consello Consultivo de Galicia, convoca sete cursos en teleformación (14 edicións) dirixidos aos/ás empregados/as públicos/as das entidades locais e do sector público autonómico de Galicia.
  •   AnteriorSeguinte 
    Pax 33 de 251
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212