Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
Recursos

Novas

  • Próxima convocatoria do Concurso de literatura infantil e xuvenil da EGAP

    A Escola / Xoves, 20 de Decembro de 2018.

    A Escola Galega de Administración Pública publicará no DOG do próximo 11 de xaneiro de 2019 a convocatoria do Concurso de literatura infantil e xuvenil do Día das Letras Galegas.
  • A EGAP aproba o número 56 da Regap

    Publicacións / Xoves, 20 de Decembro de 2018.

    Esta tarde reuníronse na EGAP os membros do consello de redacción da Revista Galega de Administración Pública (Regap), publicación dirixida por Sonia Rodríguez-Campos, para aprobar os contidos do número 56 (xullo-decembro 2018).
  • A EGAP reforzará en 2019 a formación en igualdade e violencia de xénero

    A Escola / Venres, 14 de Decembro de 2018.

    A directora da Escola Galega de Administración Pública, Sonia Rodríguez-Campos, informou esta mañá ao Consello Reitor do organismo sobre as actividades da EGAP no 2018 e anunciou o programa previsto para o próximo ano. 
  • Curso monográfico Protección de datos e ciberseguridade

    Cursos / Venres, 7 de Decembro de 2018.

    A EGAP convoca un curso monográfico sobre protección de datos e ciberseguridade co obxectivo de afondar na normativa relacionada coa protección de datos de carácter persoal e a ciberseguridade desde un punto de vista teórico-práctico, sinalando as novidades existentes e dando conta dos puntos máis esenciais e característicos da súa aplicación na Administración pública e, en particular, no ámbito do sistema universitario para, deste xeito, coñecer e analizar o seu funcionamento e dar resposta aos conflitos que xurdan na aplicación da normativa.
  • Xornada Operacións de fin de exercicio nas entidades locais. Elaboración de contas anuais

    Xornadas / Venres, 7 de Decembro de 2018.

    A Escola Galega de Administración Pública convoca unha xornada sobre operacións de fin de exercicio nas entidades locais co fin de analizar, desde unha perspectiva práctica, as operacións de contabilidade pública que realizan as entidades locais no fin do exercicio orzamentario, tanto desde un punto de vista económico como orzamentario e patrimonial.
  •   AnteriorSeguinte 
    Pax 115 de 260
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212