Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
Recursos

Novas

  • Cursos para o persoal do Concello da Coruña

    Cursos / Martes, 27 de Xuño de 2017.

    De acordo co convenio de colaboración subscrito o 2 de xaneiro de 2017 entre a Escola Galega de Administración Pública e o Concello da Coruña para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación, convócanse dous cursos para o persoal do Concello da Coruña.
  • Cursos de nivel medio e superior de linguaxe administrativa galega

    Cursos / Martes, 27 de Xuño de 2017.

    A EGAP, en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, tres cursos de nivel medio de linguaxe administrativa galega e tres cursos de nivel superior de linguaxe administrativa galega.
  • Curso monográfico Cambio e motivación na Función Pública

    Cursos / Venres, 23 de Xuño de 2017.

    Dado o momento actual no que vivimos, con saturación de compromisos tanto persoais coma profesionais, deixamos nun segundo plano o noso propio desenvolvemento persoal. Este curso persegue, dunha forma totalmente práctica e experiencial, que as persoas participantes, poidan xestionar mellor o seu tempo, incrementar a súa motivación e acadar así, dun xeito máis doado, os obxectivos que se propoñan.
  • A EGAP apela á solidariedade conxunta dos países membros para crear unha Europa máis forte e unida

    Cursos / Xoves, 22 de Xuño de 2017.

    A directora da EGAP, Sonia Rodríguez-Campos, e o director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, inauguraron hoxe o curso 60 anos da Unión Europea: balance e perspectivas no que destacados expertos en Dereito a nivel nacional e internacional, investigadores, parlamentarios e xornalistas analizarán durante dous días os desafíos aos se enfronta Europa nos próximos anos nun contexto de plena crise da súa identidade dende a seu nacemento en Roma no 1957.
  • Curso monográfico Responsabilidades administrativas e penais de autoridades e funcionarios

    Cursos / Mércores, 7 de Xuño de 2017.

    As autoridades e funcionarios públicos atopámonos cada vez máis expostos aos riscos das accións xudiciais de exixencia de responsabilidades. En ocasións confúndense irregularidades, invalideces, nulidades e ilícitos penais. Este curso mostrará con exemplos prácticos as diferenzas entre os distintos tipos de rendición de contas, capacitando aos funcionarios e axentes da Administración para o mellor e máis seguro servizo público.
  •   AnteriorSeguinte 
    Pax 138 de 256
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212