Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
Recursos

Novas

  • A EGAP inicia un novo curso teórico-práctico sobre a nova lexislación administrativa básica

    Cursos / Mércores, 3 de Maio de 2017.

    A Escola Galega de Administración Pública (EGAP) iniciou esta tarde o curso superior A nova lexislación administrativa básica: teoría e práctica. Cunha duración de 45 horas, esta actividade que se estenderá ao longo de dous meses servirá para formar a 100 persoas sobre as principais novidades que achegan as leis 39 e 40/2015 e a súa incidencia na organización e funcionamento da Administración.
  • A Escola Galega de Administración Pública forma a persoal técnico no novo marco normativo do urbanismo en Galicia

    A Escola / Luns, 24 de Abril de 2017.

    A Escola Galega de Administración Pública e o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia inauguraron esta tarde un curso conxunto coa finalidade de divulgar e formar aos profesionais técnicos nas novidades da Lei 2/2016 do solo de Galicia, o seu regulamento e o regulamento de actividades económicas e apertura de establecementos.
    A directora da EGAP lembrou que a recente aprobación de normativas que afectan ao eido urbanístico, xunto cos cambios económicos, sociais e ambientais, fan indispensable programar unha formación especializada neste eido
  • Curso superior teórico-práctico sobre a nova lexislación administrativa básica

    Cursos / Martes, 18 de Abril de 2017.

    A EGAP convoca un curso superior presencial, cunha duración de 45 horas, para abordar o estudo das modificacións do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común desde unha perspectiva práctica. Esta actividade combinará en cada sesión a análise, o estudo e o debate dos temas propostos coa resolución de supostos prácticos.
  • Cursos para o persoal do Concello da Coruña

    Cursos / Luns, 17 de Abril de 2017.

    De acordo co convenio de colaboración subscrito entre a Escola Galega de Administración Pública e o Concello da Coruña para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación, convócanse cursos para o persoal do Concello da Coruña convócanse dous cursos destinados aos empregados públicos que presten servizo no Concello da Coruña.
  • A Escola convoca o programa de autoformación con 42 materias diferentes

    Cursos / Luns, 10 de Abril de 2017.

    Este ano o programa de autoformación diríxese a todo o perosal ao servizo das diferentes administracións da Comunidade Autónoma, ofrece un amplo abano de cursos relativos a diferentes áreas formativas que facilitan a capacitación para o desenvolvemento eficiente de calquera posto de traballo.
  •   AnteriorSeguinte 
    Pax 141 de 256
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212