A EGAP pon a disposición da cidadanía o número 52 da Regap, tanto na súa versión impresa como dixital. Esta nova publicación inclúe entre as súas páxinas varios estudos sobre temas tan actuais coma as consecuencias prácticas da transposición das directivas de contratación pública en España, a invalidez das licenzas urbanísticas ou os fundamentos xurídicos da actividade das comunidades autónomas no exterior, entre outros.