Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
Recursos

Novas

  • Nota aclaratoria sobre a convocatoria do 17 de febreiro

    Cursos / Mércores, 22 de Febreiro de 2017.

    A Escola Galega de Administración Pública informa de que non hai cambios nas condicións de acceso á formación continua respecto da convocatoria para o persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia do ano 2016.
  • A Escola convoca unha bolsa de formación en estudos relacionados co dereito administrativo

    A Escola / Martes, 21 de Febreiro de 2017.

    A EGAP convoca no DOG do 21 de febreiro unha bolsa de formación en estudos relacionados co dereito administrativo para o ano 2017 destinada a licenciados ou graduados en Dereito con posterioridade a xaneiro do 2012.
  • A Escola convoca 255 actividades formativas para o persoal da Admón. autonómica

    Cursos / Venres, 17 de Febreiro de 2017.

    A EGAP publica no DOG do 17 de febreiro a primeira convocatoria de actividades de formación continua para o persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia. Nela ofértanse un total de 255 actividades formativas e 9738 prazas.
  • Curso superior sobre elaboración, xestión e avaliación de estratexias integradas de desenvolvemento urbano sustentable

    A Escola / Xoves, 9 de Febreiro de 2017.

    A Escola Galega de Administración Pública convoca, no DOG do 9 de febreiro, un curso superior sobre elaboración, xestión e avaliación de estratexias integradas de desenvolvemento urbano sustentable coa finalidade de dar a coñecer os obxectivos das políticas europeas en materia de desenvolvemento urbano e territorial a través do concepto estratexia DUSI e da convocatoria do IDAE, profundar na necesidade de incorporar esta visión e obxectivos estratéxicos da EE2020 na planificación municipal galega e aplicar ferramentas de xestión de fondos europeos a través das estratexias DUSI.
  • A EGAP debate en Ourense sobe a Lei de accesibilidade de Galicia

    A Escola / Mércores, 8 de Febreiro de 2017.

    A directora da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), Sonia Rodríguez-Campos, e a secretaria territorial da Xunta en Ourense, Mª Sol Díaz Mouteira, inauguraron hoxe a xornada A Lei 10/2014 de accesibilidade de Galicia e a convención internacional sobre persoas con discapacidade 2006: aplicación e control polas administracións públicas, que se foi seguida por un total de 163 persoas, en Ourense de xeito presencial e mediante videoconferencia en Santiago de Compostela, A Coruña, Lugo, Pontevedra e Vigo. Ao acto inaugural tamén asistiu o profesor de Dereito administrativo da Universidade de Vigo e director da xornada, Jacinto Lareo Jiménez.
  •   AnteriorSeguinte 
    Pax 146 de 257
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212