Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
Recursos

Novas

  • A directora da EGAP incide en que a lexitimidade social dos entes públicos só pode garantirse se son transparentes na toma de decisións

    Cursos / Luns, 7 de Novembro de 2016.

    Esta tarde deu comezo na Escola Galega de Administración Pública (EGAP) un curso superior para dar a coñecer o novo marco normativo de aplicación en materia de transparencia, acceso á información pública e bo goberno nos distintos niveis territoriais. Con esta actividade dotarase ao alumnado das ferramentas precisas para implementar dentro das organizacións as políticas de transparencia e de datos abertos, ademais de darse a coñecer as últimas novidades sobre xestión pública baseada na innovación, a Administración electrónica e a participación cidadá.
  • A EGAP forma os empregados públicos nas novidades máis recentes do Dereito administrativo

    Cursos / Mércores, 2 de Novembro de 2016.

    A Escola Galega de Administración Pública (EGAP) iniciou esta tarde o curso superior sobre as leis 39/2015 e 40/2015 do procedemento administrativo común e do réxime xurídico do sector público. Cunha duración de 42 horas, esta actividade servirá para formar a 100 empregados públicos sobre as principais novidades que achegan estas dúas normas nucleares do réxime xurídico español e a súa incidencia na organización e funcionamento da Administración.
  • A Xunta incide na formación sobre o regulamento europeo de protección de datos

    Xornadas / Martes, 25 de Outubro de 2016.

    Esta mañá tivo lugar en Santiago de Compostela unha xornada sobre o regulamento europeo de protección de datos organizada polo Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
  • Curso monográfico sobre contratación pública

    Cursos / Martes, 25 de Outubro de 2016.

    A EGAP convoca un curso monográfico denominado Novas directivas de contratación. Lei de contratos do sector público. Modificación e a súa aplicación práctica co obxectivo de dar a coñecer as principais novidades da Lei de contratos do sector público derivadas da última modificación lexislativa e a súa aplicación práctica.
  • Curso de PRL para o persoal dos edificios xudiciais de Santiago de Compostela

    Cursos / Martes, 25 de Outubro de 2016.

    A EGAP e Mugatra convocan un curso de prevención de riscos laborais: primeiros auxilios, loita contra incendios e evacuación co fin de formar os integrantes dos grupos de acción das medidas de emerxencia dos centros de traballo da Xunta de Galicia segundo sinala a Lei 31/1995, de prevención de riscos laborais no seu artigo 20.
  •   AnteriorSeguinte 
    Pax 147 de 254
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212