Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
Recursos

Novas

  • A EGAP anuncia a celebración dos actos en conmemoración do Día das Letras Galegas

    A Escola / Xoves, 28 de Abril de 2016.

    A EGAP homenaxea ao poeta lucense Manuel María cun acto literario e unha viaxe de interese cultural, que se suman ao concurso infantil de poesía publicado no DOG do 15 de abril.
  • Curso en autoformación sobre atención ás vítimas de delito e información ao cidadán

    Cursos / Xoves, 21 de Abril de 2016.

    A Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a Escola Galega de Administración Pública (EGAP) e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) convocan unha actividade formativa de autoformación sobre atención ás vítimas de delito e información ao cidadán destinada aos xestores procesuais e administrativos, aos tramitadores procesuais e aos funcionarios do corpo de auxilio xudicial destinados nos órganos xudiciais e fiscais da Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Curso de aplicacións informáticas de follas de cálculo (Microsoft Office 2010)

    Cursos / Mércores, 20 de Abril de 2016.

    Grazas ao convenio de colaboración asinado entre a Escola Galega de Administración Pública e o Concello da Coruña, convócase un curso de aplicacións informáticas de follas de cálculo (Microsoft Office 2010) dirixido aos empregados públicos que presten servizos no Concello da Coruña.
  • A EGAP convoca un concurso infantil de poesía

    A Escola / Venres, 15 de Abril de 2016.

    Con ocasión da conmemoración do Día das Letras Galegas, a EGAP convoca un concurso de poesía dirixido aos fillos e fillas do persoal ao servizo do sector público autonómico e das institucións de Galicia con idades comprendidas entre os 8 e os 14 anos.
  • Cursos de nivel medio de linguaxe administrativa galega

    Cursos / Venres, 15 de Abril de 2016.

    A Escola Galega de Administración Pública convoca, no DOG núm. 72 do 15 de abril, cinco cursos de nivel medio de linguaxe administrativa galega en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística.
  •   AnteriorSeguinte 
    Pax 150 de 244
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212