Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
Recursos

Novas

  • Curso sobre o novo marco normativo do urbanismo en Galicia

    Cursos / Venres, 31 de Marzo de 2017.

    A Escola Galega de Administración Pública, en colaboración co Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, convoca o curso Novo marco normativo do urbanismo en Galicia: a Lei do solo de Galicia 2/2016 e o seu Regulamento; a Lei 9/2013 do emprendemento e da competitividade económica de Galicia e o Regulamento único de regulación integrada de actividades económicas e apertura de establecementos.
  • Cursos para o persoal da Administración local da Deputación de Ourense

    Cursos / Mércores, 29 de Marzo de 2017.

    De acordo co convenio de colaboración subscrito entre a Escola Galega de Administración Pública e a Deputación Provincial de Ourense para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación, convócanse tres cursos para o persoal da Administración local de Galicia nos que terán preferencia os solicitantes que presten servizos na Administración local da provincia de Ourense.
  • Publicado o número 52 da Regap

    Publicacións / Xoves, 23 de Marzo de 2017.

    A EGAP pon a disposición da cidadanía o número 52 da Regap, tanto na súa versión impresa como dixital. Esta nova publicación inclúe entre as súas páxinas varios estudos sobre temas tan actuais coma as consecuencias prácticas da transposición das directivas de contratación pública en España, a invalidez das licenzas urbanísticas ou os fundamentos xurídicos da actividade das comunidades autónomas no exterior, entre outros.
  • Curso de prevención de riscos laborais (nivel básico) do Issga

    Cursos / Xoves, 23 de Marzo de 2017.

    Grazas ao convenio de colaboración subscrito entre a Escola Galega de Administración Pública (EGAP) e o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (Issga) para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación, convócase un curso de prevención de riscos laborais.
  • Desafío 2020: os novos retos da Administración na segunda década do século XXI

    Cursos / Martes, 21 de Marzo de 2017.

    Nun contorno cambiante, cheo de desafíos, a Administración pública e os seus principais valores, o persoal que nela traballa, deben adaptarse á nova realidade social. Por estes motivos, a EGAP convoca un curso monográfico para axudarlles a anticipar eses cambios coa vista posta no ano 2020, que marcará o inicio da terceira década do século XXI, a que moitos coinciden en chamar a década paradigmática polo cambio de paradigma que representará.
  •   AnteriorSeguinte 
    Pax 149 de 262
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212