Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
Recursos

Novas

  • Actividades formativas en materia enerxética e de rehabilitación

    Cursos / Mércores, 19 de Outubro de 2016.

    A EGAP convoca dúas actividades en materia enerxética e de rehabilitación para o persoal ao servizo da Administracióna autonómica de Galicia, das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico e das entidades locais galega.
  • Curso superior sobre transparencia, bo goberno e datos públicos

    Cursos / Mércores, 19 de Outubro de 2016.

    A Escola Galega de Administración Pública convoca, en colaboración co Valedor do Pobo e o Consello de Contas de Galicia, un curso superior sobre transparencia, bo goberno e datos públicos coa finalidade de dar a coñecer o novo marco normativo e facilitar a súa implementación dentro das organizacións.
  • Curso superior sobre as leis 39/2015 e 40/2015

    Cursos / Mércores, 19 de Outubro de 2016.

    A Escola Galega de Administración Pública convoca un curso superior sobre as leis 39/2015 e 40/2015, do procedemento administrativo común e do réxime xurídico do sector público co obxectivo de analizar e estudar as principais novidades que achegan estas leis e a súa incidencia, entre outros, na organización e o funcionamento da Administración, no réxime xurídico dos convenios, na responsabilidade patrimonial das administracións públicas, nos recursos administrativos ou na tramitación electrónica dos procedementos.
  • Xornada sobre o regulamento europeo de protección de datos

    Xornadas / Xoves, 13 de Outubro de 2016.

    A Amtega e o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia organizan o próximo 25 de outubro na EGAP unha xornada sobre o regulamento europeo de protección de datos.
  • Novo curso en autoformación sobre atención ás vítimas de delito e información ao cidadán

    Cursos / Luns, 10 de Outubro de 2016.

    A Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a Escola Galega de Administración Pública (EGAP) e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) convocan unha actividade formativa de autoformación sobre atención ás vítimas de delito e información ao cidadán destinado a xestores procesuais e administrativos, tramitadores procesuais e funcionarios do corpo de auxilio xudicial destinados nos órganos xudiciais e fiscais da Comunidade Autónoma de Galicia.
  •   AnteriorSeguinte 
    Pax 148 de 254
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212