Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
Recursos

Novas

  • A EGAP presenta un Plan de formación para o ano 2017 cun forte incremento das materias relativas á administración electrónica

    A Escola / Mércores, 18 de Xaneiro de 2017.

    O vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, asistiu ao Consello Reitor da Escola Galega de Administración Pública, no que a directora do organismo, Sonia Rodríguez-Campos, informou sobre as actividades do 2016 e o programa previsto para este ano. O Plan de formación de 2017 presentado hoxe contempla un forte incremento das materias relativas á administración electrónica e inclúe un total de 623 actividades dirixidas ao persoal das administracións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia, o que suporá un 18% máis ca no ano anterior.
  • A EGAP acolle o acto de apertura do ano académico da Academia de Ciencias Veterinarias de Galicia

    A Escola / Xoves, 12 de Xaneiro de 2017.

    Esta tarde a Escola Galega de Administración Pública acolleu a apertura do ano académico da Academia de Ciencias Veterinarias de Galicia, ao que asistíu a directora da EGAP, Sonia Rodríguez-Campos. Durante o acto a Academia presentou a memoria anual do ano 2016 e Arturo Anadón Navarro, presidente da Real Academia de Ciencias Veterinarias de España, impartiu unha conferencia maxistral.
  • A EGAP finaliza o seu curso superior sobre as leis 39/2015 e 40/2015

    Cursos / Xoves, 22 de Decembro de 2016.

    A Escola Galega de Administración Pública acolleu esta tarde a última sesión do Curso superior sobre as leis 39/2015 e 40/2015 do procedemento administrativo común e do réxime xurídico do sector público. A lección de clausura foi impartida por Francisco Velasco Caballero, catedrático de Dereito administrativo da Universidade Autónoma de Madrid, e versou sobre os retos que supón a aplicación desta nova lexislación nas entidades locais.
  • Os mellores desexos para 2017

    A Escola / Luns, 19 de Decembro de 2016.

  • Curso de xestión de instalacións deportivas

    Cursos / Venres, 16 de Decembro de 2016.

    A Escola Galega de Administración Pública convoca un curso no que se tratarán as principais cuestións referentes ao proceso de xestión de instalacións deportivas, facendo fincapé nos aspectos económicos e lexislativos desde un punto de vista práctico.
  •   AnteriorSeguinte 
    Pax 145 de 254
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212