A Escola Galega de Administración Pública organiza unha xornada titulada Reforma da Constitución, reforma territorial: puntos de encontro, que ten como obxectivo abrir unha reflexión sobre a eventualidade de que chegue a producirse en España un proceso de reforma constitucional e sobre a importancia que tal reforma podería ter, se é o caso, para a posta ao día do sistema autonómico.