Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
Recursos

Novas

  • Nova xornada sobre a Lei 10/2014, de accesibilidade de Galicia e a Convención internacional sobre os dereitos das persoas con discapacidade 2006

    Xornadas / Mércores, 13 de Abril de 2016.

    O próximo 6 de maio a EGAP organizará en Pontevedra unha xornada sobre a Lei 10/2014, de accesibilidade de Galicia e a Convención internacional sobre os dereitos das persoas con discapacidade 2006: aplicación e control polas administracións públicas.
  • A directora da EGAP destaca a importancia da cultura da rendición de contas e a transparencia na actividade pública para a rexeneración democrática

    Cursos / Martes, 12 de Abril de 2016.

    O curso monográfico Rexeneración democrática e institucional, que se celebra hoxe e mañá na Escola Galega de Administración Pública Santiago (EGAP), reúne a expertos da política, a xustiza, o dereito, a filosofía e os medios de comunicación de todo o país, que coincidiron en avogar pola transparencia e a loita contra a corrupción para a rexeneración democrática e recuperar a confianza dos cidadáns nos representantes políticos e nas institucións públicas.
  • Xornada sobre marcas de garantía e denominacións de orixe

    Xornadas / Martes, 12 de Abril de 2016.

    Esta xornada permitirá aos asistentes ter os coñecementos xurídicos esenciais sobre marcas de garantía. Estas marcas non indican a orixe empresarial dun produto, senón que garanten uns determinados estándares de calidade ou características do produto. Desde que a reforma do Regulamento sobre a marca da Unión Europea de 2009 recoñeceu as marcas de certificación da Unión, calquera asociación ten a posibilidade de rexistrar unha marca de certificación con efectos nos vinte e oito países que forman a Unión Europea. Finalmente, analizaranse cales son as accións que protexen os titulares de marca de garantía e os organismos titulares de denominacións de orixe, para perseguir as infraccións destas. Así se poñen os remedios xurídicos necesarios para evitar os prexuízos que estas infraccións causan aos citados titulares e aos consumidores.
  • Actividades formativas relacionadas coa xestión de fondos europeos Feader e Feaga

    Cursos / Martes, 12 de Abril de 2016.

    Grazas ao convenio de colaboración asinado entre a Escola Galega de Administración Pública e o Fondo Galego de Garantía Agraria convócanse catro actividades formativas destinadas ao persoal da Dirección Xeral de Administración Local, Inega, Igape, Augas de Galicia, Amtega, Axencia Turismo de Galicia e a xestores Feader.
  • Curso para o persoal dos centros residenciais da Administración pública

    Cursos / Luns, 11 de Abril de 2016.

    A Escola Galega de Administración Pública convoca no DOG do 11 de abril un curso monográfico sobre boas prácticas para unha atención humanizada ás persoas en centros residenciais da Administración pública. Con este curso perséguese o obxectivo de formar ao persoal dos centros residenciais para que poidan levar a cabo unha atención individualizada e adquiran as capacidades en estratexias e habilidades de intervención que contribúan a mellorar a atención ás persoas residentes nalgunha institución da Administración pública ou usuarios de centros de día.
  •   AnteriorSeguinte 
    Pax 152 de 244
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212